bateis campionato galego

Trece bateis da Ría nas finais

O peirao de Meira, en Moaña, viviu unha fermosa xornada de eliminatorias do Campionato Galego de ata catro horas de duración.
photo_camera O peirao de Meira, en Moaña, viviu unha fermosa xornada de eliminatorias do Campionato Galego de ata catro horas de duración.

Chapela, Virxe da Guía, Samertolameu, Vila de Cangas e Tirán clasificaron barcos para loitar polos títulos hoxe

As augas de Meira, no municipio de Moaña acolleron onte a xornada de eliminatorias do Campionato Galego de bateis 2018 ó longo de catro horas de duración con 80 embarcacións en competición entre todas as categorías.
No referente ós clubs da Ría de Vigo, cinco deles terán participación hoxe nas finais do evento autonómico, que comezan ás 11:00 horas, e, polo tanto, teñen opcións de acadar un título galego. Chapela, con catro bateis, é a entidade cun maior número de clasificados, mentres que Samertolameu e Tirán Pereira meteron a tres barcos, Virxe da Guía clasificou a dous, e Vila de Cangas, á súa tripulación alevín feminina. 


Nesta última categoría, o bote cangués estará acompañado polo de Samertolameu, que marcou o mellor rexistro do día, e Virxe da Guía, que entrou por tempos. Celeiro e pola de Bueu completan a final. Nas infantís non haberá representación da Ría de Vigo, pero si en cadetes, co batel de Chapela como candidato á vitoria, mentres que Tirán buscará loitar polas medallas. O club de Redondela e o de Moaña repiten na categoría de rapazas xuvenís. Neste caso co barco do Con con máis opcións . Samertolameu é o único club da Ría de Vigo que terá hoxe un barco na final sénior de mulleres. 
Entre as categorías masculinas, o barco alevín de Virxe da Guía cumpriu os prognósticos e marcou o mellor tempo. Tratará de acadar o título ante Rianxo, Celeiro, Muros e Riveira. 
Na categoría infantil e cadete de cativos, Chapela foi o único club da Ría de Vigo que meteu representantes na loita polas medallas. En xuvenís este mérito correspondeu o batel de Samertolameu, anfitrión da proba. 
Tamén vogará un barco moañés na final sénior de hoxe, pero será o de Tirán Pereira, que foi segundo nunha primeira quenda moi axustada entre os maiores e nunha xornada que estivo marcada polo vento e o mar de fondo de condicionou o remo. Os dous primeiros barcos de cada regata clasifícanse para o Campionato de España.n

Te puede interesar