ORIANA MÉNDEZ Gañadora do premio de poesía Afundación 2020

“traballar coa linguaxe é parte do oficio dun poeta, experimentar coa lingua, darlle unha volta máis”

Oriana Méndez compaxina a poesía co seu labor de concelleira en Vigo.
photo_camera Oriana Méndez compaxina a poesía co seu labor de concelleira en Vigo.

nnn Oriana Méndez gañou o concurso de poesía Afundación, convocado pola entidade e o Centro PEN Galicia, que conta coa subvención da Xunta. Con “Interna” impúxose a 26 obras inéditas que competiron, facéndose co premio de 6.000 euros e a publicación do poemario. Concelleira en Vigo e filla dos escritores Xosé Luis Méndez Ferrín e Ramona Fuentes, continúa pola senda familiar.

Como xurdíu “Interna”?
Contaba con algunhas anotacións coas que ir tecendo o proceso, pero o conxunto xurdíu dun xeito moi obsesivo e espaciado nas primeiras semanas de confinamento. Tiña idea de por onde quería ir e aproveitei a reacción ante a situación que viviamos: tensión, incerteza, medo polos nosos.
O xurado destacou a autenticidade dos versos. A que momento corresponde do seu evoluír como escritora?
Agradezo moito as palabras do xurado. Síntome moi recoñecida. Penso que este libro aborda un territorio que non adoito tratar.E máis do “eu”, das sombras o dun camiño que pretende explorar a morte do que coñeciamos, esas aldeas da nenez que van desaparecendo, que xa non son igual. Sospeito que neste libro non me van a atopar esa poesía máis política doutros libros.
Tamén destacaron a forza da oralidade, que importancia ten na súa poesía?
Traballar coa linguaxe é parte do oficio dun poeta, a experimentación coa lingua. Tento darlle unha volta máis a linguaxe sen que perda o sentido e contando coa intelixencia do lector. Sempre que escribo, leo en voz alta, indícame por onde debo seguir.
Cando é un bo momento para ler poesía?
Calquera momento en que se lle poida adicar un pouco máis concentración que para outro tipo de texto. O lector debe deixarse levar, non hai que entender a poesía como se fora unha novela; para a poesía hai que prescindir da lectura burocrática.
Sendo filla de quen é e adicándose a esto, tivo que esforzarse o dobre para lograr o recoñecemento?
Non, a verdade é que non. Ás veces, aínda que cada vez menos, existe o cuestionamento ou se dubida da miña valía. Pero aprendemos moito do feminismo e agora xa non somos fillas ou mulleres de. Tanto un home como unha muller ten que ser dono dos seus erros e dos seus acertos. Será o propio libro o que falará para ben ou para mal.n

Te puede interesar