traiñeiras liga lgt

Tirán e Meira queren rachar o mando de Ares

Samertolameu avanza nunha das probas desta tempada da Liga Galega.
photo_camera Samertolameu avanza nunha das probas desta tempada da Liga Galega.
As traiñeiras moañesas buscarán a vitoria e asaltar o segundo posto de Mecos na xeral

Dúas regatas na Bandeira Concello de Vilagarcía, nas augas do porto de Vilaxoán e con calor, menos do previsto polo feito de que a previsión fala de vento do norte, que irá en aumento e que chegará ata preto dos vinte quilómetros por hora que condicionará unha cita a dobre xornada (hoxe, ás 18:30; e mañá ás 12:00). Esta pode determinar se Ares deixa prácticamente pechado o título da Liga Galega ou se algunha outra tripulación pode empezar a discutirlle ó barco de Ferrolterra o seu mando, ata agora absoluto con catro vitorias noutras tantas regatas. 
Na loita pola segunda posición da competición están inmersos Mecos Isabel, con 37 puntos, Tirán Pereira (36) e Samertolameu (35). Non marchan lonxe de Ares, que acumula 44, e cada semana cruzan a liña de balizas todas as traiñeras en menos de dez segundos. Pero o certo é que ata o momento as vitorias foron para unha tripulación e, se non troca a situación en Vilaxoán, centraranse na loita polo segundo posto porque ten o premio gordo de poder loitar polo ascenso á Liga ACT, un obxectivo atractivo para o final de tempada, especialmente para os barcos de Moaña. 
Non obstante, en Vilagarcía as embarcacións buscarán estar ó seu máximo nivel nunha cita dobre na que comeza o tramo central do calendario. Porque, salvo o fin de semana do 3 e 4 de agosto no que está previsto o Campionato de España, a Liga Galega A terá competición no sábado e no domingo ata a súa finalización o 24 e 25 de xullo coa Bandeira Teresa Herrera.
Por detrás das embacacións cabeceiras chega un baleiro amplo e na loita por non baixar atópanse Muros e Amegrove que, con seis puntos, están chamados a competir toda a tempada por evitar o posto de descenso directo e despois vogar a promoción de permanencia, na que tamén estará o noveno da Liga Galega A. Unha praza que agora ocupa Rianxo con dous puntos máis que Mera.

Loita entre Cesantes e Coruxo en Cangas 

nnn A Liga Galega B chega esta tarde (18:00) as augas da localidade de Cangas e a competición, no referente ós postos cabeceiros, está marcada por unha dobre loita. A Cabana, líder con 29 puntos, e Esteirana, con 28, loitan pola primeira posición dunha categoría na que a primeira posición permite o ascenso directo e a segunda e a terceira dan dereito a loitar polo ascenso na promoción. Polo tanto, as dúas tripulacións cabeceiras loitan polo premio principal, mentres que polo terceiro posto tamén se vive un duelo, neste caso entre Cesantes (23 puntos) e Coruxo (22). A traiñeira de Redondela e a viguesa, un paso por detrás das tripulacións cabeceiras no que vai de curso, teñen como aspiración entrar na loita por acceder a Liga A. 
Pola súa banda, o barco local de Vila de Cangas e Chapela intentarán evitar a última posición en loita con Mugardos.n

Te puede interesar