traiñeiras

Tirán loitará polo ascenso

Mecos Coruxo, campioa da Liga Galicia Calidade, marcou o mellor tempo na Coruña.
photo_camera Mecos Coruxo, campioa da Liga Galicia Calidade, marcou o mellor tempo na Coruña.
A "Mar do Con" finaliza a Liga Galega no subcampionato e Coruxo é segundo no play-off

Tarde de moito remo na Coruña, na tradicional xornada clasificatoria da Bandeira Teresa Herrera, que ademais serviu de final para a Liga Galega A e para a Liga feminina Galicia Calidade. A isto engadiuse o primeiro día do 'play-off' da competición autonómica coa participación de Coruxo e que pon en xogo dous billetes para a primeira división do remo galego no 2020. 
Na Liga Galega A, Tirán Pereira asinou a terceira posición e, con ela, métese nas regatas de ascenso á Liga ACT xunto á embarcación coruñesa de Ares, que obtivo o mellor tempo onte e pecha a competición ligueira na primera posición. A loita da "Mar do Con" foi co barco grovense de "Mecos", que onte rematou na segunda posición e quedou a un punto da traiñeira moañesa na clasificación xeral. 
Pola súa banda, Samertolameu estivo lonxe das súas prestacións habituais. Repetiu cuarta posición, pero afastada no referente ós tempos dos seus predecesores e tamén pecha o curso nesta posición na xeral. Hoxe buscará loitar pola vitoria na regata final do Teresa Herrera, pero xa non é puntuable (12:15 horas). 
Na categoría feminina, Mecos Coruxo obtuvo a vitoria por unha marxe de 11 segundos sobre Perillo. Tirán Pereira cedeu 17. A tripulación grovense viguesa, que tamén conta con deportistas de Samertoalmeu, xa tiña gañada a Liga Galicia Calidade e hoxe é a gran favorita ó triunfo (11:45). 

Coruxo, no bo camiño
Por otra banda, no 'play-off' que dá acceso á Liga Galega de traiñeiras, a embarcación de Coruxo asinou onte a segunda posición por detrás de Esteirana e por diante de Muros e Amegrove. 
Deste xeito, os dous barcos que vogaron durante a tempada na Liga Galega B superaron ós procedentes na máxima categoría e que ocuparon a penúltima e a última posición. Ademais, nunha regata de moitas dificultades como é o Teresa Herrera, debido a que se disputa en mar aberto, o barco vigués superou en 22 segundos ó de Muros, unha renda que permite á "Fontaíña" afrontar con optimismo a xornada de hoxe para asegurar unha das súas posicións na Liga Galega A, que se poñen en xogo nesta promoción. 
Na xornada de onte, Coruxo e Esteirana establecían o mesmo tempo na primeira baliza mentres que Muros e Amegrove xa cedían unha decena de segundos. As distancias foron aumentando, aínda que o barco vigués careceu de capacidade para seguir o ritmo da traiñeira de Esteiro. Hoxe remata o 'play-off' no que Coruxo buscará repetir posto para pechar o seu ascenso (11:00 horas). 
Na cita de onte tamén participaron os barcos da Liga Galega B, sen puntos en xogo, pero cunha praza para a final do Teresa Herrera. Os barcos de A Cabana e Cesantes lograron meterse entre os dez mellores tempos e vogarán hoxe na proba coruñesa, que pecha a tempada no remo galego. Como é habitual, as ondas marcarán unha proba moi técnica.n

Te puede interesar