Opinión

Testamento que otorga / no enterro o Rei da esmorga

O Monarca  do Entroido, o señor Meco/ que é persoa real e non boneco;
o que queimado baixa á sepultura/ pero segue inmortal como figura.
Moitas  cláusulas ten  o testamento/ que eu recollo en servicio e ofrecemento.
Non se deixa  morrer aos  bos vigueses/ polo menos saltando só dez meses/
ata xuño, cando chega San  Xoán,/ para poder xantar sardiña e pan.
Ao  quie debedes engadir bo viño/ que vaille  ben ao corpo e fai camño.
Para os vigueses do século que ven/  ou sexa  cando pasen anos cen,
deixo unha obra para a  inaugurar / e que lle chamen  “Abrir a  Vigo ao Mar.”
E falando do mar: aos mariñeiros/ fartos dos europeos mentireiros/
deixo dito que para este verán/ aumentarán a cota de fletán./
Para os que pensan que a circulación/ non se pode arranxar na poboación
déixolles novas grúas e a resultas/  que lles suban o imposto e  mailas multas.
Déixolle aos futbolistas un balón/ que mesmo marca goles a reacción.
A ver se deste xeito os xogadores/  son en vez de ser mantas, cobertores!
Deixo dito  e escrito e  volo  ordeno, / que da Porta do Sol marche o Sireno.
e para que a ninguén poida asustar,/ que o boten  pola ría e… a  nadar!
Déixolle ao pobre pobo as eleccións/ políticas, que  boa coña son.
Presentaranse ás elecciions futuras/, valeiros, ¡máis con moita caradura!.
E anque hainos, politicos de nada,/ haberá que sufrir a súa empanada.
Os enfermos, pobriños, sempre están/ e son máis tontos  que o meu rei Satán.
Díxome el: “Son bo pois son o meco. /E o que se di pecar, ben pouco peco.
Peco menos que vós, moi venialmente./  Enterrrádeme:, son de  boa  xente.” 
E ata morro con gusto e con ledicia./ E  berro: Viva,Vigo e máis Galicia!”.

Te puede interesar