vigo

“É tan difícil rapear en galego como en inglés”

A banda de hip hop Dios ke Te Crew, nun dos seus últimos concertos na Coruña.
photo_camera A banda de hip hop Dios ke Te Crew, nun dos seus últimos concertos na Coruña.
A banda referencia do hip hop Dios Ke Te Crew actúa en Vigo co seu novo disco “O ciclo da serpe”, onde volve estar Miguel de Lira
nnn “O ciclo da serpe’ é un LP cargado de simbolismo que mantén o seu particular humor apegado á actualidade e cargado de retranca”. Así é como Dios Ke Te Crew presentan o seu terceiro traballo despois dun tempo de reflexión e proxectos individuais. “Xa tiñamos ganas de xuntarnos e darlle forma a esta nova proposta”, recoñece Sokram sobre un disco que presentarán mañá, ás 22 horas, na sala Máster.
Como xa é cotiá nos seus traballos está en galego: “É case tan difícil rapear en galega como en inglés, só hai que saber facelo”. O disco gravouse nos estudos da banda en Ordes e foi masterizado en Berlín. A música, referencia do hip hop galego, aporta influencias dos distintos estilos de música electrónica, que chega á máxima no tema instrumental “Uróboros”.
“Na música é importante que se digan cousas, aínda que os nosos contidos non son sempre de reivindicación social, tamén son festivos e incluso filosóficos”, puntualiza Sokram, para quen o rap non é falar por falar.
E xa convertido en tradición, neste disco volve a intervir o actor Miguel de Lira, na súa colaboración como o cabo Ameneiro da Guardia Civil, intercalando intervencións entre as cancións. “Comezou sendo unha parodia dun personaxe moi típico no rural galego e agora xa pasou a formar parte do imaxinario da banda”. Lembra que estivo presenete nos tres traballos editaods de Dios Ke Te Crew.
E como tamén é habitual na banda, o formato físico e gráfico do disco é outra das súas preocupacións. O deseño da carátula, asinado pola ilustradora Lidia Cao, comparte o compoñente conceptual do título. A imaxe, una serpe que engule a súa propia cola (uróboros presentes en mitologías de distintas sociedades) que sea dun dodecaedro de pedra representa a eternidade, o movemento cíclico da sociedad e propio ciclo da serpe coa muda da pel, condenada a devorarse a si mesmo continuamente “como o sistema capitalista”.
A portada ten animación e baixando a aplicación Alta Vida de realidade aumentada podo verse movemento. O efecto foi realizado polo artista audivisual A. L. Crego.n

Te puede interesar