AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ Escritor, presenta a súa última novela “A neve interminable”

“O susto fácil non me vale, na novela busco os temores vinculados co descoñecido"

Agustín Fernández Paz, onte, na presentación do seu libro.
photo_camera Agustín Fernández Paz, onte, na presentación do seu libro.

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947), veciño ilustre de Vigo, ven de publicar o seu último libro, “A neve interminable” (Edicións Xerais). Membro do Consello da Cultura e Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, 2008, conta con perto de trinta títulos. Onte, acompañado por Ledicia Costas, falou de xeito distendido da súa nova proposta.

Moitos quixeron ver un diálogo entre esta obra, “A neve interminable” e a súa publicación “Cartas de inverno”, de 1995. Existe unha relación entre ambas?
Non se establece nengún diálogo entre elas, pero si teñen certas similitudes e elementos comúns como a localización nunha casa aillada, a narración en primeira persoa ou a presencia de elementos sobrenaturais. Nas dúas apréciase unha clara influencia de Lovecraft, a quen admiro moito. Por outra parte, “Cartas de inverno” foi o primeiro libro de terror que escribín e este penso que será o último, porque despois de seis libros neste xénero, chámame facer outras cousas.
De que lle apetece escribir entón?
Quero explorar outras cuestións. Interésame moito falar de aspectos que tocan a miña xeración nos anos 60 e 70, como xa fixen nas miñas últimas novelas e analizar as consecuencias que tiveron a nivel social e persoal.
Volvendo ao libro que presenta, aborda un medo psicológico, gústalle a control subxectivo?
O medo ten que ser psicolóxico. O susto fácil non me vale. Busco o que traballa cos temores que todos temos vinculados coa vida, co mundo, co descoñecido. A primeira persoa nestas historias é  a idónea para manifestar ese sentimento. Xurde o temor e pouco a pouco vaise liando ata chegar á escea final, que ten que ser forte.
Nesta ocasión son medos moi contextualizados no século XXI, os demos van mudando cos tempos?
Hai os tradicionais que cambian cos avances, como os aparecidos galegos que marcharon coa luz eléctrica. Pero o medo deste libro é o que se produce ante un aspecto que non encaixa, algo tan vanal como unha sombra. Tamén é o medo destes tempos; está moi relacionado coa última encíclica do Papa, o temor ante o cambio climático e o panorama apocalíptico que nos agarda se non facemos algo.n

Te puede interesar