traiñeiras lgt

Samertolameu e Tirán están dispostos a demandar á LGT

Samertolameu e Tirán entenden a decisión da LGT coma inxusta e recorrerán para defender os seus intereses.
photo_camera Samertolameu e Tirán entenden a decisión da LGT coma inxusta e recorrerán para defender os seus intereses.
Os moañeses tildan de inxusta a anulación da regata de Ares e chegarán ata o final para revocala
En Moaña están anoxados. Tanto nunha punta coma na outra. Meira e Tirán síntense prexudicados pola decisión da LGT de anular a Bandeira de Ares, segunda proba puntuable da Liga A, da que o bote local foi descalificado por aliñación indebida. As ameazas do clube de Ferrolterra de paralizar a competición vía recurso ó Comité Galego de Xustiza Deportiva precipitaron a celebración de dita Asemblea, que chegou uns días antes do corte do clasificatorio para a Concha. Con isto sumado as  dúas vitorias que acadou a pasada fin de semana, Ares recupera o liderado e empurra a Samertolameu a unha cuarta posición que a deixa fóra da clasificatoria para a 'Champions do remo'.
Pero as presas por facer a Asemblea antes do corte non foi o único que molestou ós clubes morracenses, totalmente en contra de facela. A votación non ía sobre se se revertía ou non a sanción por aliñación indebida a Ares, senón de se se debían anular os puntos de toda a proba, algo que tanto Tirán coma Meira consideran absurdo. Ademáis, as 28 entidades que conforman a organización tiñen dereito a tomar parte na votación pese a que é unha cuestión que tan so afecta á Liga A. Por este motivo, os clubes moañeses formaron parte do grupo de oito que non asistiron a Asemblea, con Mecos, o outro gran perxudicado, entre eles.
Antes da Asemblea, Mecos era líder (76), con Tirán segundo (73) e Meira terceiro (74). Ares estaba descolgado na cuarta posición. Hoxe, trala anulación da regata de Ares e as vitorias nas probas de -precisamente- Moaña e O Grove dos ferroláns, son eles os que volven liderar a táboa por diante de Tirán, Mecos e Samertolameu.
O malestar nos dous clubes de Moaña é tan grande que ambos están decididos a chegar ata onde sexa necesario. Hai 40 días por diante para tomar accións legais e as dúas entidades teñen claro que esgotarán as vías, tanto polo cauce deportivo como pola xustiza ordinaria. O que si non farán, ó contrario que Ares, é buscar paralizar a competición, na que seguirán vogando cada fin de semana en paralelo ó proceso legal. n

Te puede interesar