Opinión

Recordar es volver a beber

A verdade é que os vigueses estabamos, senón contentos todo o día, parte sí. Polo menos animados coas cousas que don Abelardo contou o outro día na Tertulia sobre o xeito de vivir e de traballar na nosa Cidade que foi Real dende o ano 1879, pois a súa Maxestade, o Rey de España, concedéunolo 16 de decembro, seica para que estivesemos os vigueses contentos nas festas do Nadal que estaban a caer felizmente.

-Saben todos vostedes que os traballadores vigueses foron sempre moi constantes en mellorar os seus choios. Teño aquí unha presentación feita por un peluqueiro. Escoiten a “Gran Peluquería de Moda”, que anunciaba, aos seus, clientes, tamén, así, casi nada: “La mejor de Galicia.” E debeu ser porque sempre tiña persoal para o recorte de´bigote´, e as primeiras novas da folla de afeitar Eran marca “Satán”.

-Curioso non si? Esto decía un cliente tamén con boa voz non en van porque repasaba sempre as novas para todos os amigos que tiraba do famoso periódico “Perogrullo”. Así contaba con certa festa.

Españoles: la obligación de todo buen ciudadano es cooperar al progreso de su Patria aportando su esfuerzo por pequeño que sea, protegiendo nuestras industrias que son la base de la vida de nuestros obreros. Por ello debéis afeitaros con la hoja “Satán”. Son mejores que las marcas extranjeras y mucho más económicas. Pedirlas en todas partes. Precio, 3,50 decena.” (O sea, diez.) Algúns valentes levaron as mans as meixelas e soaron algunhas voces dicindo: ¡Jo… roba!”

-Xoroba, si…-

-Pero máis fermoso é isto -e sacou unha libreta dun bolsiño -. Oíde. Fíxoo don Xosé Elías, que era un home metido nos negocios do mar. Do mar e da terra. Son uns versos que estarían moi ben cantados… hoxe. Atrévese alguén?

Ao final leeuno moi ben posto co estilo o señor Matías que a verdade é que foi membro da Coral de Vigo. E así engadiulle unha musiquiña que lle foi moi ben. Así, ben, foi todo:

“Desde esta terra inmediata/ que a gusto vou a chamar/ cun forte abrazo de amigo /e amizade fraternal./ Cando neste porto entredes/ con franqueza e alegría/ non deixedes a visita/ a casa de Pepe Elías./ Posúo os mellores viños/ da nosa terra galega/ e quen se bebe unha taza / trágase unha pipa enteira./Para aforrar as pesetas/ hai que sabelas gastar/ e iso se consigue solo/ comprando en casa Pilar./ Teño garavanzos, fabas,/ bacallau, aceite e pan/ cebola, vinagre e allos,/ pemento, arroz e azafrán./ Con que amigos xa sabedes;/ venga esmorga e alegría/.que aquí esperando tendes /ao amigo Pepe Elías.”

Os versos ripiados gustaron moito, e como a noite está perto déronlle fin ao bebercio e cada un á súa casa. (Suponse, porque nesa banda da cidade haiche moito bo viño ademáis do da Tertulia. Algún gracioso botounos un “Ite, viño est.” E houbo que ir) Amén.

Te puede interesar