Xornal Escolar

A realidade da Escola Infantil Plurilingüe Monte do Alba de Vigo

xornal1 primera
photo_camera Colaboran con diferentes asociacións, organizacións, agrupacións veciñais nos festexos de datas importantes.
O centro educativo conta con un amplo proxecto de respecto a natureza e contacto con ela, por isto, un espazo fundamental é a horta escolar onde os nenos e nenas plantan, coidan, limpan e recollen os frutos do seu traballo.
A Escola Infantil Plurilingüe Monte do Alba, imparte o ciclo de Educación Infantil de 3 a 6 anos, con un profesorado moi implicado. 
A EEI Pluringüe Monte do Alba atópase en Valadares, entre campos de cultivo e bosque. Está ben comunicada coa circunvalación de Vigo, recibindo alumnado das parroquias do Freixo, Matamá, Garrida, Beade entre outras;  a uns dous kilómetros do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares e polo tanto moi perto do Hospital Álvaro Cunqueiro. Sendo tamén un dos centros de ensino nas cercanías do Cuvi. O horario é de 9:15 horas a 2:15 horas é está ampliado coa oferta dunha aula de madrugadores que funciona dende as 7:30 horas da mañá. 
Servizos
Conta con dúas liñas de autobús e servicio de comedor escolar, con cociña propia, ubicado na escola de primaria, que remata o seu horario as tres e cuarto. Hai un servizo de coidadora dende esta hora ata as catro, horario de comezo das actividades extraescolares. 
Natureza
Teñen un fermoso e amplio patio de 3000 metros cadrados con espazos para compartir, crear, xogar con area, con auga, con diversosxogos de patio, na “casiña de Pinocho”, unha casa tamaño infantil. 
Moi importante no proxecto educativo é o respecto á natureza e o contacto con ela, por isto, un espazo fundamental é a horta, onde nenas e nenos plantan, coidan, limpan, recollen, tomates, acelgas, cebolas, repolos e outros cultivos de tempada coa axuda de nais e pais que forman parte do equipo da horta. Estes productos serán ingredientes principais en
diferentes receitas ó longo do curso, así tamén se elaborarán marmeladas, zumes, batidos cos pexegos, laranxas, cereixas ou amorodos que se recollen no patio.
Toda a escola está pensada para nenos e nenas de Educación Infantil, con baños, pasamáns, e outros materiais adaptados ás súas alturas e intereses. 
Dependencias
Entre as súas dependencias destacan os espazos de uso común coma aula de psicomitricidade, que tanto nos invita ao movemento como ó relax e á calma do ioga; serve, así mesmo, de escenario de teatro, contacontos ou para actividades musicais, onde podemos ser espectadores ou protagonistas das nosas propias producción.
Tamén a biblioteca, cun amplo número de contos é un espazo interactivo que tanto serve para ler ou escoitar contos como tamén para xogar no ordenador, na mesa de luz ou construíndo nuha mesa de Lego. 
Unha vez á
semana o alumnado escolle un libro para levar á casa, é o mesmo alumnando quen se encarga do rexistro.
Aula de inglés
A aula de inglés, con todo o material preciso, contos, xogos, ordenador, onde se vertebra a aprendizaxe activa e lúdica deste idioma fundamental na definición deste centro nunha escola plurilingüe a partir deste curso.
A escola conta tamén con aula de audición e linguaxe ondea mestra especialista axuda ó alumnado que o precisa, coas súas dificultades coa comunicación oral e unha aula de cociña e experimentación científica: un espazo dotado con forno, cociña e demais utensilios necesarios.
Tanto o edifico, aulas, corredores, escaleiras, coma o patio son espazos lúdicos e didácticos que permiten a convivencia entre todo o
alumnado a través de variadas actividades conxuntas: obradoiros, festas, exposicións...que desenvolven a creatividade, a convivencia e a participación do alumnado e familias e a implicación doutros grupos sociais da nosa zona como a escola de primaria, o instituto, a asociación de veciños, os centros de día. 
Tódolas aulas da escola contan con acceso a internet, recuncho de
informática, canón e encerado dixital que usamos tanto mestras como alumnado en actividades didácticas relacionadas cos nosos proxectos. 
ANPA
A ANPA, Asociación de  Pais e Nais, da escola colabora co centro educativo actuivamente,  xestionando a aula de madrugadores, a garda de comedor esolar , con propostas especificas para a etapa e coa xestión das actividades extraescolares, destacando entre elas as que se atopan coma baile moderno, tenis, cociña...
En fin, a Escola de Educación Plurilingüe Monte do Alba é  unha pequena escola enclavada en plena natureza que busca a felicidade do alumnado. 
Os alumnos  aprenden a cooperar e compartir  onde todas e todos crean un ambiente agradable e motivador que nos axuda a seguir medrando.

Te puede interesar