TELECOMUNICACIÓN

R aporta dixitalización e solucións de valor para o cliente

20190613180959968_result

“Mileva” é a plataforma de que lle permite a calquera organización dispor de maneira fácil e inmediata da tecnoloxía en IOT, Big Data e analítica avanzada

 

O mundo da empresa, nos nosos días, segue sendo consciente de que a clave do éxito para competir no mercado radica en seguir poñendo ao cliente no centro, mellorando a experiencia de usuario co produto ou servizo que se lle ofrece. En si mesma, esta experiencia é unha panca de diferenciación e achégalle valor ao produto habida conta de que os clientes buscan, cada vez máis, respostas eficaces a necesidades concretas de maneira áxil e sinxela.

Ese valor engadido nas solucións da empresa tradúcese, por exemplo, na personalización do produto en función das necesidades do cliente, na posibilidade, non só de medir e optimizar os tempos de espera do usuario, senón de facer que estes sexan máis agradables para el ou ela e mesmo de aproveitalos para darlle a coñecer outros servizos adicionais; e tamén en facilitar o acceso a un determinado servizo dende un único punto podendo, dunha maneira sinxela, elixir o que necesitan, configuralo e pagalo. E como estes exemplos, moitos outros que atoparon na tecnoloxía o catalizador definitivo para facerse realidade. Os servizos dixitais posibilitan o que ata hai pouco non o era ou resultaba inviable polos elevados custos que conlevaba.


Investimento


Nos últimos tempos o operador galego R -en liña co Grupo Euskaltel do que forma parte realizou un grande esforzo na adquisición da tecnoloxía necesaria (sensorización, IoT, Big Data, Machine Learning, Intelixencia Artificial…) que despregada sobre os seus centros de datos (datacenters) e integrada en nubes públicas como Azure de Microsoft, permítenlle xa desenvolver e ofrecer solucións integradas á medida das necesidades do negocio dos seus clientes. En paralelo, o seu programa de alianzas cos principais referentes no mercado e startups, complementan de maneira perfecta o coñecemento e a experiencia imprescindibles para ofrecer solucións específicas e orientadas aos diferentes sectores en que traballan e compiten os clientes.

A Cooperativa Farmacéutica do Noroeste (Cofano) apostou, da man de R, pola incorporación dun conxunto de solucións tecnolóxicas que lle permiten atender os seus clientes dunha maneira claramente diferencial.

A solución comeza pola incorporación de “Mileva”, plataforma Big Data do operador galego, para centralizar o almacenamento dos datos provenientes das farmacias e dos clientes, e sobre os que poder aplicar tarefas de analítica avanzada. Adicionalmente, e grazas á utilización de tecnoloxías IoT habilitouse un sistema de sensores de temperatura -converxentes coa plataforma “Mileva” - para monitorizar de forma activa as súas neveiras e resolver potenciais incidentes por perda de frío nas farmacias. Por último, Cofano instalou unha operadora automática chatbot como nova canle de soporte ás farmacias a través da nube de Azure de Microsoft.

Desta maneira, R converteuse en socio tecnolóxico da cooperativa; Cofano dispón agora dun aliado de referencia e de futuro que o acompañará na dixitalización dos servizos que lles ofrece aos seus clientes nas farmacias e axudaralle a incorporar tecnoloxías emerxentes e innovación continua.


Experiencia de cliente


Por todo iso, Cofano pode, nestes momentos, ofrecer servizos novos baseados en IoT aos seus clientes e empregar esa plataforma para lles dar servizo ás farmacias cunha sensorización inicial que cobre a necesidade de control de temperatura de neveiras.

Ademais, o paradigma de analítica avanzada permitiralle a Cofano visualizar toda a información dispoñible, optimizar os procesos e a toma de decisións e ofrecer un servizo de mellora de negocio e recomendación ás súas farmacias. Trátase dun proxecto desenvolvido para garantir a calidade do produto (rexistrando en todo momento a cadea de frío) e para ter información permanente do estado de confort no interior das farmacias.

No caso farmacéutico, o punto crítico que representa esa cadea de frío esixe comezar pola monitorización do aspecto máis transcendental e sensible de todo o proceso, o cal revelará as inxentes capacidades da plataforma e as tamén numerosas posibiidades da sensorización (IoT). Trátase de solucións que serán cada vez máis habituais nos locais de face ao público ou retailers, pola considerable redución de custos e o aumento das capacidades de explotación de datos que posibilitan plataformas como “Mileva”. Banca, alimentación, téxtil, farmacia… todos estes sectores poderán, de agora en diante, aproveitar as vantaxes das novas solucións Big Data e transformalas, á súa vez, en valor engadido para os seus clientes. 

Te puede interesar