UNIVERSIDAD

Primeiro curso en refalado interlingüístico inglés-español

Pablo Romero e Luis Alonso Bacigalupe, os directores.
photo_camera Pablo Romero e Luis Alonso Bacigalupe, os directores.

O refalado lingüístico é un sistema empregado nos medios de comunicación que permite prover de servizos de accesibilidade a persoas con discapacidade auditiva.

Luis Alonso Bacigalupe, decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, xunto a Pablo Romero dirixen o I Curso de especialista en refalado interlingüístico (inglés-español), que comezará a impartirse o vindeiro 21 de xuño.

Ao longo de 200 horas e en formato on-line, o alumnado traballará cos vídeos e outros materiais que estarán colgados na plataforma do curso, o primeiro que se oferta no mundo en refalado lingüístico inglés-español. “Co primeiro módulo do curso de especialista o estudantado formarase na modalidade que se emprega para subtitular a case totalidade dos programas en directo nas diferentes canles da televisión española. Neste momento existe unha gran demanda de refaladores español-español e practicamente ningún curso dedicado a súa formación, pero o noso curso irá un paso máis adiante converténdose no primeiro do mundo en ofrecer formación en refalado lingüístico inglés-español”, detalla Bacigalupe. 
O curso, que oferta un máximo de 10 prazas, está vinculado ao grupo de investigación Galma (Galician Observatory for Media Accessibility), o primeiro observatorio galego de accesibilidade aos medios. Composto por docentes da Universidade de Vigo e investigadores de diferentes países, Galma lidera ou participa en 14 proxectos internacionais de investigación. n
 

Te puede interesar