xornal escolar

O Pombal ten como obxectivo contribuir ao desenvolvemento persoal e académico do alumnado

Os alumnos contan con numerosas actividades.
photo_camera Os alumnos contan con numerosas actividades.
O CEIP Plurilingüe O Pombal de Vigo ten como obxectivo xeral contribuír ao pleno desenvolvemento académico e persoal do alumnado nun clima de convivencia harmónica que axude a medrar, aprender e convivir.
Para isto, a coordinación do profesorado e o resto da comunidade educativa é fundamental, así como tecer unhas relacións persoais sas e respectuosas. O seu ideario baséase nas seguintes premisas:
-Educación na tolerancia, respecto e solidariedade: atención á diversidade e ao pluralismo cultural do noso alumnado e das súas familias.
-Fomento da formación en linguas,nas dúas oficiais mediante o uso e estudo da nosa cultura, e nas linguas estranxeiras participando no programa de plurilingüismo e ofertando lingua francesa como materia de libre configuración.
-Educación na investigación con actitude crítica.
Departamento 
de Orientación
Por medio do Departamento de Orientación o  centro colabora con entidades sociais na procura da mellora da situación do noso alumnado e as súas familias: entre elas están a Fundación A Caixa, Programa CaixaPro Infancia, a ONCE, Secretariado Xitano e Mensaxeiros da Paz Galicia. Tamén participan de forma activa nos proxectos que oferta a Consellería de Educación da Xunta, tanto co obxectivo de traballar os valores de igualdade, respecto e inclusión, Iguála-T, Con-vive, Inclúe-T, como de reforzar as competencias básicas , matemática e lingüística, como de acadar a excelencia nalgunhas áreas concretas e o acompañamento fóra do horario lectivo ,Refórza-T.
Dinaminación 
lingüística
De cara a medrar coa lingua da comunidade,  o equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñe unha elevada potenciación do uso do galego, traballando cada vez máis coas novas tecnoloxías: funcionamento activo dun blog https://medrandocoanosalingua.bloguespot.com,  así como do Facebook do equipo de https://www.facebook.com/ceipplurilingue.pombal. Pretenden amosar o que se fai na escola relacionado coa lingua e cultura, facendo fincapé na súa pertinencia para a comunicación no mundo tecnolóxico.
O equipo de dinamización traballa de xeito coordinado con toda a comunidade educativa asemade con outras entidades involucradas a prol de potenciar o uso da  lingua e cultura galega.
Implicánse e favorecen que se empregue o galego en todas as actividades do centro e colaborando con outros colexios e asociacións en diversas actividades. Favorecendo que no desenvolvemento dos xogos, se empregase como lingua vehicular o galego. Para o día de Rosalía de Castro preparan marcadores con códigos QR sobre a vida e obra da autora, traballamos con robots seguindo un circuíto guiado polas instrucións que lle dá o alumnado en galego. No mes de maio celebran a Festa dos Maios na que convidan a participar a outros centros do barrio do Calvario. Durante todo o mes de maio traballan, como xa é habitual, sobre o autor homenaxeado no Día das letras Galegas. O equipo de Dinamización Lingüística da Lingua Galega  fai presente o lema “Mollámonos co uso do galego”.
A Biblioteca "Castelao".
Dende o curso 2006-07, están integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) o que supón una dotación económica importante para mercar libros e equipar a biblioteca. Previamente preséntase un proxecto con diferentes actividades que se van a levar a cabo durante cada curso escolar.
As actividades preferidas polo alumnado son: as mochilas viaxeiras, os apadriñamentos lectores, a quedada literaria no parque de Castrelos xunto con outros colexios de Vigo e bisbarra, club de lectura, visitas de autores e ilustradores, Cociñando Contos, onde contan coa participación das familias. Neste intre, a biblioteca está nun momento de cambios, xa que pretende que sexa un espazo de exploración e investigación, laboratorio de aprendizaxe, traballos colaborativos e o máis importante, estar ao servizo da lectura, escritura e o traballo coa información e cos medios de comunicación. Para iso, están preparando unha “fonoteca” onde se poderá ler en diferentes soportes, ebook e realidade aumentar escoitar música e préstamo de DVD´s. Tamén unha parte do orzamento o investen en material para crear a “Radio na biblio”.
No que levan de curso, xa mercaron moitos libros con temática inclusiva, para atender a diversidade do alumnado e xogos de mesa para os recreos, así como todos os libros suxeridos polo alumnado e profesorado do centro. Dende aquí, queren agradecer a toda a comunidade educativa o facer realidade que todos estes proxectos se fagan realidade.
Patios dinámicos
Participan nun programa de patios dinámicos cuxo principal obxectivo é traballar a inclusión a través da actividade física nos recreos. O centro educativo está a desenvolver un proxecto onde a través dos xogos tradicionais, moitos deles elaborados de xeito artesanal. O alumnado vai integrándose nas diferentes actividades favorecendo diversos aspectos relacionados coa convivencia escolar, a resolución de conflitos e dando resposta á diversidade do alumnado que presenta o centro.
Este proxecto conta coa importante colaboración do alumnado de 5º de Educación Primaria que participa activamente na organización dos xogos tradicionais no tempo de lecer.
Horto escolar
O centro dispón dun horto, onde transmiten ó alumnado valores tan importantes como o respecto e coidado da natureza, así como a alimentación san.É un feito que polo ritmo de vida que se leva, a “comida rápida” está deixando a un lado os hábitos de vida san, facendo que o consumo de vexetais, froitos e froitas, non se fagan cunha frecuencia axeitada.
A horta do centro educativo da a coñecer produtos para a  alimentación dos nenos, as variedades e características dos diferentes cultivos, o xeito e a época de sementalos, a recolleita e a posibilidade de degustalos.
No CEIP Plurilingüe O Pombal están comprometidos coa natureza e a  alimentación saudáble do alumnado do centro. 
Actividades
O colegio participa  en numerosas e variadas actividades que contribúen á formación integral do alumnado: Entre ellas "Camiña con nós pola igualdade", Educación Viaria, "Coñece as institucións: “O Parlamento de Galicia” e “Xunta de Galicia",  Programa “Vigoeduca”, colaboración coa Biblioteca Neira Vilas, actividades para escolares “Afundación”, Reconquistiña, Quedada Literaria, Visita A Coruña: Casa das Ciencias, Domus e Aquarium, Xornadas de Xogo Tradicionais, visita ao Museo de Pontevedra, Programa Prensa – Escola (5º e 6º de Educación Primaria e Programa FOGGA, consumo de leite e froita na escola. Os alumnos do CEIP Plurilingue O Pombal participa nas saídas pola contorna natural: “O río Pugariño” e “O monte é vida” organizadas polo Distrito Forestal Vigo-Baixo Miño.
ANPA
Dende a ANPA de O Pombal intentan facer máis cómoda a vida das familias ofrecendo alternativas como os servizos de aula matinal, comedor, con capacidade para 150 comensais, actividades extraescolares, robótica, obradoiro de cociña, atletismo e taekwondo, e ludoteca, facendo así máis doada a conciliación diaria. Contan con innovadoras formas de desenvolvemento do alumnado fomentando a súa autonomía e facendo visible a confianza do centro, como é a Rutaescola, un camiño seguro no que os voluntarios acompañan ao alumnado ata o colexio.

Te puede interesar