Opinión

Pedro Dobao, escultor absoluto

Estou seguro de que quen visitasen a exposición de Dobao, estarán comigo se digo que é un dos mási importantes escultores galegos e comparando, estudiando e reencontrando, tamén hai que situalo na relación sagrada de quen sufriron e gozaron neste divino arte que os fai case dioses. Sempre coidei que Deus se equivocou, cando moldeou ao home e aínda que mellorou a especie na muller, deixou unha gran marxe para que os escultores, por delegación divina, acercasen as súas obras aos estilos do home, das súas formas materiais, espirituais, convivenciais, sosciais e un etcétera longo. Un deles é Dobao: un home sinxelo que naceiu coa estrela creadora que o acerca a un deus. E, por eso, ten as virtudes dos grandes de sempre e non precisa dar o último golpazo ás súas figuras dicindo o ‘parla cane’ miguelanxlesco. Por moitas razóns e verdades, creo que acudir á exposición extraordinaria. –na Casa das Artesé un gozo e para moitos unha sorpresa: Dobao é parco en acenos e verbas, pero sabe moito e afonda no seu pensar dentro de mundos que os demais mortais, non temos a sorte de acadar. Soamente o título das súas obras –qué entrañamento incrible-, nos amosa o selo vivificador de Dobao. Non falo da confección material, sempre dura, senón da forza mental que precisa sen a que non hai obra de arte. E así, as súas esculturas son mensaxes, ás veces dolorosas. Os seus bronces presentan sinais de un desacato social o de algunha inxustiza, que con levedade e comprendendo a dificultade do seu dicir, -sendo como son as súas figuras tremendamente expresivas-, deixa nelas o seu desexo transferible ao espectador como un acicate esixente de perfectibilidade.. Dobao é un poeta: poesía é creación en grego: Vexan con calma as súas familias, os amantes,.o forte amor das súas parellas, a espiritualización da nadadora, do letargo ou a elegancia; da contorsionista; o movemiento do mar ou o misterio místico dos bronces triloxía e lírica. E xoguen a poñer nomes novos, ,que poderán, ás súas creacións.. É o trasmundo que hai dentro de todas as esculturas de Dobao.

Te puede interesar