O RETORNO DAS CANTIGAS DE MARTIN CODAX

As outras xoias da mostra

As Cantigas de Santa María de Afonso X.
photo_camera As Cantigas de Santa María de Afonso X.

Cincuenta pezas, entre coetáneas e contemporáneas, arroupan ao pergamiño en Vigo

n n n Expresións artísticas e documentos escritos, así como elementos de cotío arroupan ao pergamiño contextualizando a súa época no caso das obras coetáneas ou dialogando co seu sentir no das creacións contemporáneas.
Entre as outras xoias que forman parte da exposición “O pergamiño Vindel: un tesouro en sete cantigas” destacan por número as pezas escultóricas. Na primeira parte, correspondente á primeira cantiga e adicado ao mundo espiritual, “E ai deus, se verra cedo?”, destaca a torre de Xerusalén Celeste que formou parte do coro da catedral de Santiago, saído do obradoiro do Mestre Mateo. Na segunda parte, “Ca ven san e vivo e del rei amigo”, adicado ao poder temporal, chama a atención o merlón coas armas de Pai Gómez Charinho, almirante e trobador; xa na sexta, atribuída os espazo evocado, hai dúas mostras da historia viguesa, un sartego medieval e un canzoriño con cabeza de boi da igrexa de Sárdoma.
Porén a sección dos documentos escritos é a máis abraiante. Na cuarta parte, que reflicte o amor sacro e profano, “E vou namorada”, inclúense o cancioneiro de Ajuda, semellante ao Vindel; o Códex de Florencia das Cantigas de Santa María do Afonso X. Só é comparable en importancia ao pergamiño das sete partidas tamén de Afonso X, os tres datados no século XIII.  
Asemade a última parte da exposición, acompaña ao pergamiño protagonista, o facsímile realizado polo propio Vindel un ano despois do seu descubrimento, que amosa o aspecto orixinal da peza.
Dos obxectos de cotío, as principais curiosidades veñen de man do clero cos zapatos do bispo Paio II de Cebeiro do século XIII e os enxovais das monxas de conventos como Santa Valeria ou San Estevo, distribuidos na primeira e segunda parte.
Entre as creacións contemporáneas, ademáis da paisaxe coas illas Cíes, de Lugrís en 1965, que acompaña ao Vindel, Teresa Irisarri asina diferentes recreacións de dragóns e sereas, realizadas o ano pasado e incluidas na quinta parte, “Bañar nos emos nas ondas”. Alfredo Eiría aporta a recreación de esceas no pazo de Xelmírez ou de personaxes históricos. Finalmente, para contextualizar o espazo máis achegado a Martin Codax, lémbrase á románica de Santiago de Vigo co reproducción obra do Héitor Picallo do Cristo Salvador que se conserva no Museo Arqueológico Nacional.n

Te puede interesar