VANESA ÁLVAREZ Diseñadora gráfica, presenta o seu primeiro libro ilustrado

“Omitimos referencias a xénero ou raza para que todos se sintan identificados”

Vanesa Álvarez, co seu primeiro libro ilustrado, “A túa historia”.
photo_camera Vanesa Álvarez, co seu primeiro libro ilustrado, “A túa historia”.

  Vanesa Álvarez (Vigo, 1983), con formación en Artes Plásticas e Deseño, é unha das muralistas de “Vigo, cidade de cor” e co-dirixe o festival artístico poético Kerouac.

Agora, aos seus traballos en deseño gráfico, suma a súa primeira colaboración en literatura infantil como ilustradora. Onte presentou en El Corte Inglés “A túa historia”, editado por Galaxia.

Neste primeira experiencia como ilustradora infantil escolleu un texto dunha poeta neoyorkina, como xurdíu esta colaboración?
Durante a estadía en Nova York pola celebración do Kerouac, presentáronme a Kathryn Strobel. É unha escritora que traballa con nenos e propúxome ilustrar un poema seu. A conexión foi xenial. Tanto o texto, traducido ao galego por Tamara Andrés, como na imaxe omitimos o xénero ou calquera referencia á raza, amáis usamos unha linguaxe inclusiva, para que tódalas familias se poidan sentir identificadas.
Como asumíu este proxecto?
Con moito tempo e moito cariño. Como foi unha iniciativa nosa, non tíñamos un prazo de entrega. Seguimos o noso ritmo.
A que tivo que lle por imaxe?
A un poema moi doce, que lles di aos nenos como chegaron ao mundo cunha explicación moi bonita.
Aínda que ámbito é diferente, mantén un estilo característico. É de xeito consciente?
Hai elementos como os corazóns que sempre aparecen na miña obra, dunha maneira ou de outra. Ademáis hai moita arte urbana, chiscos ao cine cunha versión da primeira secuncia de “Odisea no espacio 2001”, á pintura con referencias a cuadros de Van Gogh ou á música co home na lúa de David Bowie.
Sorprende en debuxos infantís esa búsqueda da terceira dimensión.
Son ilustracións dixitais, polo que todo está creado por triangulación. O obxectivo é incentivar que os rapaces exerciten a memoria e conformación mental das figuras. A cor, con tonalidades fauvistas, tamén foi escollida por ese motivo.n

Te puede interesar