redacción. vigo

O antes e o despois

Tirán Pereira realiza unha ceavoga na regata disputada na localidade de Ares.
photo_camera Tirán Pereira realiza unha ceavoga na regata disputada na localidade de Ares.

Samertolameu e Tirán buscarán rachar o mando de Ares hoxe en Bueu (17:30) e mañá no Grove

Duás regatas nun fin de semana chave. Na Liga Galega A das catro embarcacións en dez segundos, manda Ares con pleno de vitoria, mentres que Samertolameu, Tirán Pereira e Mecos buscarán meter a proa diante da embarcación coruñesa para trasladar a emoción que se vive en cada regata á táboa clasificatoria. 
Nas tres xornadas precedentes, o barco de Ferrolterra acadou a vitoria e tivo ós seus perseguidores nun estreito marxe, pero suficiente. Algo que anima ós rivais, pero tamén ó líder da liga. Con duás probas no mesmo fin de semana e no ecuador de xullo, o impulso inicial comeza a superarse a as traiñeiras xa teñen que rozar o seu máximo nivel. Por este motivo, se Ares volve a asinar o dobrete xa estará a máxima división do remo galego moi decantada e as tripulacións moañesas e a grovense comezarán a pensar nesa segunda posición que permite disputar o ascenso á ACT. 
Esta tarde, o campo de regatas de Bueu volverá a estar marcado polo vento. A previsión de que soprará de sur converte a primeira rúa, pegada á costa, nunha autoestrada, coa cuarta, no exterior do campo de regatas, feita un pozo sen fondo de segundos. Se o prognóstico cumpre o establecido, gran parte da vitoria estará determinada polo rego que toque no sorteo de balizas.

Mecos Coruxo desexa ratificar o liderado na regata de Oleiros 

nnn A traiñeira de Mecos Coruxo tentará esta tarde na Bandeira Concello de Oleiros (17:30) ratificar o dominio amosado na regata inaugural do curso en Chapela. A tripulación formada por remeiras do Grove, Vigo e Samertolameu superou en vinte segundos a Cabo da Cruz na proba inaugural do curso e, de manter a distancia ou incrementala, todo indica que poderá buscar o pleno de triunfo na categoría feminina durante o verán. Na loita pola terceira posición, a embarcación de Tirán Pereira tentará estar preto de Perillo. 

Liga Galega B
A segunda categoría do remo autonómico masculino, a Liga Galega B, desprázase ata Oleiros para a Bandeira Conxelados Salgado, no mesmo campo de regatas da praia de Santa Cristina que as mulleres.
A tripulación da Cabana suma dúas vitorias, nas que estivo seguida por Esteirana. A embarcación de Ferrol e a de Muros dominan deste xeito a táboa por diante de Coruxo e Cesantes que, ata o momento, repartíronse a terceira e a cuarta posición. Ambas traiñeiras tentarán dar un paso adiante esta semana e loitar por meter a proa entre os barcos cabeceiros da división de prata.n

Te puede interesar