VIGO

"Non" do BNG aos macrocentros

Xabier Pérez Igrexas, candidato do BNG, na visita ao mercado do Progreso con Ana Miranda.
photo_camera Xabier Pérez Igrexas, candidato do BNG, na visita ao mercado do Progreso con Ana Miranda.

nnn O BNG realizou unha visita o mercado do Progreso para trasladar o seu apoio aos comerciantes apostando polo produto local e de proximidade. Xabier P. Igrexas, candidato á alcaldía, e Ana Miranda, candidata ao Parlamento Europeo, recorreron os postos do mercado onde o sentir común que lle trasladaron os comerciantes foi o de total abandono por parte da corporación. “O BNG facemos unha aposta clara polo mediano e pequeno comercio que é o que dinamiza os nosos barrios e o que vertebra a nosa cidade”, explicou Igrexas. E lamentou que a única medida do Concello en política comercial sexa “instalar 9 millóns de luces leds en nadal”. Para o candidato é necesario que “o Concello se implique en apostar de maneira decidida polo mediano e o pequeno comercio”. Para iso propón a declaración da cidade como zona saturada de grandes áreas comerciais: ”Nunha cidade saturada da primeira medida que hai que adoptar é a de aplicar unha moratoria de 10 anos para evitar a instalación de novos macrocentros que non só non xeran emprego nin incrementan o tecido comercial, senón que desertizan o comercio”, dixo. n

Te puede interesar