Opinión

Nadal e Reises

Teño un amigo que ven sendo un pouco tablón. (“Tablón” que non bebe, aclaro). O que pasa é que ven sendo un pouco gran prosma que aínda e peor. Quero decir que como é moi culto, pois sempre, sen pensar, vai dar a lata, (ponse a contar cousas raras, a pedir accións gratas e, en fin, ven a “axudar”, que poño entre comiñas, para que quede contento e, tamén que me excusen aqueles que se poden molestar por estas opinións sobre Dagoberto, meu bo amigo, un grande e bo amigo.

Falamos de varias cousas e el, que sempre anda a inventar cousas boas as que na tertulia non lle damos moito valor, díxome:

-Deberiamos fomentar máis o uso, agora que é o tempo das panxoliñas, das cantigas do Nadal, dos Santos Reis, dos Anxeliños da Groria e…

-E que máis? Non me parece mal… Pero, cómo e para qué? Para fomentar as lendas relixiosas?

-Eso que lle chamas ti lendas e algo máis… Supoño, Lalosqui, que non serás enemigo destas tradicións. Pódese ser incrédulo pero non destructor das tradiciones valiosas procedan de onde sexa. E…

-Vale, vale… Qué queres que fagamos? Hai que pensalo. Ti que es un sabio, podes dar algúnha idea? Si? Pois veña, fala.

-Mira … Xa o tiña pensado… Imos rercoller dalgunha escolma de cantigas galegas, algunhas que nos parezan ben e que traten desta xornada tradicional.

Ben seleccionadas, clariño. E así quen lea o teu xornal quedará contento, porque aos lectores sempre lles gustan estas fermosas actividades de amor, de amizade, de bondade e da música de Nadal e de Reis e demáis efectos que se producen sen ensaiar moito.

Total, tivemos que marchar da Tertulia e fumos recoller da biblioteca do Dagoberto uns cantos vilancicos . E hoxe, adiantados, para escoller, aí están neste xornal “Atlántico”, para ensaiar os que queiran, cantos de Nadal e Reis. (O Dagoberto por darme a lata dime sempre Reises.)

“Cantigas do Nadal”:

Vinde picaritas, correde a escoltar/ antes de que o galo comence a cantar./ Hoxe mansa pomba, fror de Xericó pariu nunhas pallas o meniño Dios. Virxiña sen mancha filla de Xudá, porque mansa raíña pares no portal? Por qué antra as pallas ten o teu pichón o amor do alento da mula e do boi. Baixa, baixa loureiro e dame un ramalito para afumar chourizos para noso Meniño.

-Moi ben…Pero temos que parar. Non hai material. A… que hai? E logo,¿por qué non vas ti coas cantigas por outros periódicos que eu teño que marchar?

Te puede interesar