vigo

O Museo Liste abre “Sororidade”, adicado á presenza da muller

“O moda que engancha”, de Belategui Regueiro
photo_camera “O moda que engancha”, de Belategui Regueiro

O Museo Liste feminiza a súa filosofía. Con tres mulleres coma responsables do único centro etnográfico da cidade, en febreiro inaugura “Sororidade”, un novo espazo adicado á convivencia e á irmandade das mulleres.


“Queremos invitar a colectivos da comunidade educativa e asociacións a colaborar no proxecto con ideas que poidan visibilizar a loita da muller”, apunta Isabel Pousa, responsable da área didáctica do Liste.
Ten un doble obxectivo: a organización dunha peza ou dun evento con motivo do 8-M, Día da Muller e a consolidación dun ciclo adicado á irmandade feminina con performance, exposicións ou foros.
Os primeiros posos desta filosofía púxoos a exposición temporal da tempada de 2016, “En feminino: a silente presenza”, onde amosaba a pegada e o papel que desenvolvía a muller na cultura tradicional galega cunha mostra de pezas populares.
O segundo chanzo situouse no ámbito da arte contemporánea, co proxecto expositivo “Apeirarte”, onde o Liste abríu as súas salas aos autores actuais para establecer un diálogo entre a obxectos de cotío e creacións artísticas. Dúas das obras expostas: “Sexo, razón e corazón”, de  Erica Iglesias Neira e “O que a moda agocha”, de Belategui Regueiro endereitaron o percorrido cara esta aposta: “Xoga un pouco como contrapunto coa fraternidade masculina e co síndrome de abella raiña”, indica Pousa.

para todo o trimestre
O Museo Liste ven de publicar as actividades para o primeiro trimestre do ano con obradoiros, exposicións e concursos.
Continúa ata o 30 de marzo a mostra “Apeirarte”, comisariada por Araceli Liste, con obra de 24 artistas noveis.
Dentro das actividades complementarias nas visitas á exposición permanente desenvolverase a charla “Maxia e menciñas nas árbores”, percorridos adicados á madeira ou a gastronomías ou a composición dun quebracabezas.
Repetiranse os obradoiros de instrumentos humildes, impartidos por Erica Iglesias Neira, así como o de hixiene e cosmética. Tamén volverán os xogos “Onde están as chaves?” ou “Un cadaver no armario”; os concursos fotográfico (adicado ao peche) e literario por mor do día das letras galegas, asemade as exhibicións de oficios co cesteiro Rubén Berto Covelo. Os mércores mantense a posibilidade devisitar o museo con cans.n

Te puede interesar