Imprimir

O Manuel Antonio homenaxea ao poeta que lle dá nome

a.baena. vigo | 22 de Abril de 2019

Manuel Antonio será homenaxeado en el Centro Educativo.
Manuel Antonio será homenaxeado en el Centro Educativo.

O Centro Integrado de Formación Profesional conmemora este xoves o 90 aniversario da publicación “De catro a catro” cun programa de actividades

O café De Catro a Catro inspirou o nome de Manuel Antonio para o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP). “Foi unha iniciativa dun grupo de profesores, encabezada por Manuel Castelao, xa que o centro, que se creou en 1966 como a última universidade laboral das 26 que houbo en todo o Estado”. Así, Rubén Otero, o director do CIFP, explica o vencello  do centro co poeta a quen homenaxearán este xoves co gallo do 90 aniversario da súa obra máis significativa “De catro a catro”: “Suporá un punto de inflexión nas actividades que vimos desenvolvendo no curso pasado”. Implícanse así a máis de cen profesionais externos ao centro.


Comezará a xornada cunha mesa debate sobre vida e obra de Manuel Antonio entre o escritor Xosé Luis Méndez Ferrín e o biógrafo do poeta Rianxo, Xosé Luis Axeitos. A charla terá lugar na biblioteca. Á seguir inaugurarase a exposición fotográfica “Galegos e galegas de hoxe” e presentarase o libro homenaxe “Manuel Antonio e máis nós”, onde coordinado por Julio Alonso, dende o instituto invitáronse a máis de sesenta representantes de distintos sectores a intervir sobre o poeta.
O achegamento ao escritor incrementarase a través dunha segunda exposición que estará formada por obxectos orixinais cedidos por la Fundación Barrié de la Maza e a Casa Museo Manuel Antonio de Rianxo.


O CIFP Manuel Antonio, con 1.550 alumnos e 112 docentes, é o segundo maior centro de formación profesional de Galicia. Con disciplinas en Hostelería e Turismo, vencellan a traxectoria de Manuel Antonio coa propia natureza formativa. Así, o barman do casino La Toja, José Soto Soengas servirá o cóctel “Navy bar”, en lembranza ao bar que o escritor frecuentaba cando estudou Náutica en Vigo e que lle deu nome a un dos seus poemas.
Cunha posta en valor da Formación Profesional, os alumnos do Manuel Antonio cociñarán e servirán o aperitivos co viño realizado polos estudantes do CEIP A Granxa; os do IES Audiovisual de Vigo farán a reportaxe gráfica e os do IES A Leixa de Ferrol encargaranse da impresión das imaxes.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/cultura/manuel-antonio-homenaxea-ao-poeta-lle-da-nome/20190422232852703839.html


© 2019 Atlántico

© Rías Baixas Comunicación, S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons