baixo miño

Lomba desbota os ceses e abre a porta aos edís do BNG

A Deputación asinou a financiación destas obras a finais do 2016.
photo_camera A Deputación asinou a financiación destas obras a finais do 2016.
O alcalde asegura que a peonalización en Concepción Arenal será a acordada coa Deputación
nnn “Eu non teño que cesar a ninguén, pero hai cuestión que están por riba das competencias que adquire un socio de goberno en coalición”, indica Antonio Lomba, aldade da Guarda, ao respecto das últimas afirmacións do tenente alcalde Anxo Baz –do BNG guardés– que apuntaban ao rexedor como responsable de tomar as decisións oportunas sobre a continudade do seu pacto de goberno. O debate entre ambas formacións polo proxecto de peonalización da rúa Concepción Arenal continúa, emplazando ata o final das obras –sen data prevista xa que todavía faltan unha serie de actuacións por parte da Deputación e o Consistorio– para aclarar o futuro desta coalición. “O Bloque debe decidir o que querrá facer, eu non o sei todavía”, remarca o alcalde socialista. 
A pasada semana, PSOE e BNG mantiveron unha reunión “moi curta” na que ningunha formación deu o brazo a torcer sobre as consideracións que rodean a este proxecto, un asunto que mantén preocupado ao alcalde: “Dende finais de xullo está paralizada a obra por esta nova postura do BNG aínda que se abordou polo miudo antes de asinar o acordo feito o pasado mes de xuño”.
Lomba asegura que “de coñecer esta postura antes, houbésemos feito as cousas doutra maneira” e que Concepción Arenal “será como que pon o proxecto xa asinado”. n 

Te puede interesar