Xornal escolar

O Instituto de Beade cumpre 30 anos co seu proxecto de ensino de calidade

Un momento da celebración do 30 aniversario do instituto.
photo_camera Un momento da celebración do 30 aniversario do instituto.

O centro  que recibe este ano o galardón de Vigués Distinguido 2019 pola labor na cidade,  atende a 450 alumno, contando para iso con profesores comprometidos coa creación dun centro aberto á innovación e á convivencia.

O IES de Beade, que recibíu este año o galardón de Vigués Distinguido 2019 por su labor na cidade,  é un centro de Ensino Secundario onde se imparten os ciclos de ESO e Bacharelato,  e onde se fomentan os valores democráticos, a tolerancia, o respecto ás normas e o diálogo entre tódolos membros da comunidade educativa. 


O instituto abriu as súas portas no curso 1988-89, cun certo retraso, a primeiros de novembro, así que está a piques de cumprir os seus primeiros 30 anos de vida. Sitúase na parroquia de Beade, preto de Castrelos. Os alumnos proceden das parroquias de Castrelos, Beade, Matamá, Zamáns, Valadares, Sárdoma e Bembrive, pero segue a ter familias do casco urbano que escollen para os seus fillos un centro público de tamaño medio, trato familiar e a poucos minutos do centro. Atenden a 450 alumnos e alumnas, contando para iso con  máis de 40 profesores comprometidos coa creación dun centro de ensino público de calidade que se concreta tanto nos bos resultados do alumnado nas probas de acceso á universidade, como nunha excelente convivencia escolar e a participación en diferentes programas de innovación educativa. A vida escolar no centro artéllase entorno a un vestíbulo central desde o que se pode acceder visualmente a todas as aulas, sen corredores, o que fai deste singular edificio un exemplo de claridade na súa organización interna.  O alumnado percorre este vestíbulo cada cambio de clase, pois cada aula está adicada a unha determinada materia, hai aulas de bioloxía, de matemáticas, de historia... Esta distribución permite que cada aula teña a dotación específica necesaria para a súa materia ademáis de todos os elementos necesarios para a integración das novas tecnoloxías na practica docente, canóns de proxección, encerados dixitais, computador e acceso a internet. Ademais, conta con aulas-taller como son: Debuxo, Tecnoloxía, 4 laboratorios, de Física, de Química, de Bioloxía e de Xeoloxía, aula de Música e dúas aulas de informática. O centro ten una gran biblioteca que leva o nome dunha antiga alumna: Ledicia Costas.  Mención aparte merecen o ximnasio e o pavillón deportivo, recentemente remodelado para converterse, fóra do horario escolar, nun centro deportivo de referencia para Beade. Contan, ademais, cun salón de actos con aforo para 300 persoas, e con iluminación e amplificación dixitais, accesible desde o gran vestíbulo do centro, espazo onde se realizan as exposicións dos proxectos educativos. Posúe un espazo adicado ao servizo de cafetería, con servizo de comidas cando hai clase pola tarde, pista deportiva exterior e xardíns. É un centro adaptado para persoas con mobilidade reducida, conectando os seus tres andares cun ascensor; ten aseo adaptado, mobiliario específico e ramplas para facilitar a mobilidade en cadeira de rodas.  Oferta os catro cursos de ESO, dous Programas de Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento, en 2º e 3º de ESO, e os  2 cursos de Bacharelato, de  Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. Tanto en 4º de ESO como en Bacharelato, ofrécese aunha gama de materias optativas. En canto ás materias de libre configuración,  2º da ESO ofértase Programación, Igualdade de Xénero e Educación Financieira, e en 1º de ESO Investigación e Tratamento da Información, con Sección Bilingüe en Inglés, e Obradoiro de Comunicación Oral.

Te puede interesar