Xornal escolar

O IES de Beade aposta pola atención a diversidade do alumnado del centro

Alumnos de la ESO nunha actividades complementaria.
photo_camera Alumnos de la ESO nunha actividades complementaria.

No IES de Beade considera n que as visitas didácticas, as excursións e as viaxes son unha excelente oportunidade de aprender ao tempo que convivimos e nos divertimos. 

É por isto que, ademais de numerosas visitas a Vigo e o seu entorno, realizan todos os anos a lo menos unha excursión de todo o día co alumnado de 1º e 2º curso de ESO, unha saída de dous días co alumnado de 3º de ESO á aula de enerxías alternativas de  Sotavento e ao museo da Tecnoloxía de Coruña, e unha viaxe de varios días a Atapuerca e ás Médulas co alumnado de 1º de bacharelato. 
Ademais, o alumnado que remata a ESO realiza unha viaxe a unha capital europea, e o que remata Bacharelato unha viaxe a Madrid para visitar os diferentes museos da cidade.


Programas educativos
No IES de Beade participan en innumerables programas educativos promovidos polo Concello de Vigo, pola Consellería de Educación, pola Unión Europea e por outras entidades. 


Entre eles, cabe destacar: programa “Vigo por dentro”, visitas didácticas de balde a lugares da cidade de especial interese, “Enlaza Vigo”, contra a violencia de xénero, Normalización Lingüística do Concello de Vigo, Contrato-programa de “Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros” e de “Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia“, Plan Proxecta, MeteoEscolas, O monte vivo, Mobilidade sostible e segura, Consumópolis..., programas da Cruz Vermella, e programas europeos como o Erasmus plus ou eTwinning, onde colaboramos con centros de varios países. Para 2018-2020 o centro ten concecido un programa de intercambio de alumnado financiado pola Unión Eiropea durante o cal os rapaces visitarán Francia, Italia e Letonia. En abril serán eles os que reciban ao alumnado deses países. O proxecto versa sobre o medioambiente, e seu principal obxectivo e facer ver a a importancia de preservar o medioambiente en Europa.


Concursos e premios
O centro educativo vigués participa en diversas convocatorias de premios, como a Olimpiada Galega de Xeoloxía o Concurso de Robótica escolar da Universidade de Vigo ou a Incubadora de Sondaxes, concurso organizado pola Sociedade Galega de Estatística. 
Ademais, acaban de recibir o segundo Selo  Nacional de Calidade por un dos  proxectos europeos na plataforma eTwinning.  
Tamén mereceron a mención de “proxecto de excelencia” pola participación no programa MeteoEscolas, dada a alta implicación do profesorado e alumnado do centro neste programa, e a calidade das actividades realizadas. Por outra banda, o grupo de alumnos do Club de Convivencia conseguiu o curso pasado unha mención especial pola súa participación no programa Pasaportes Solidarios, da Consellería de Política Social, que lles foron entregados pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez.


Clubs e actividades
Ofrecen ao alumnado a posibilidade de formar parte de diversos grupos e clubs e de participar en moitas actividades extraescolares, organizadas por profesorado voluntario, durante os recreos e os martes de 15 horas a 16:30 horas. Así, contan cun Club de Ciencia, un Club de lectura, Club de convivencia “Bandeira branca”, actividades de reciclaxe, xogos cooperativos, actividades de xadrez, etc.  
Parte destas  actividades desenvólvense na  antiga vivenda do conserxe, habilitada polo propio alumnado como espazo de lecer.
Celebran xuntos distintas datas, como o día da paz, o día contra a violencia de xénero, o día da muller, o día das letras galegas, o día dos dereitos humanos... En todos estes actos o alumnado participa activamente, sendo o protagonista dos mesmos. Tamén, coa colaboración da ANPA, celebran festas populares, como o magosto e o entroido.No mes de maio celebran  unha “Semana de exposición de proxectos e traballos”, na que o alumnado expón o que fixo nos diferentes clubs ou nalgunhas materias. Ese día  son eles os que exercen de “profes” e explican ao resto de compañeiros, ao profesorado e ás familias que se achegan, cousas que aprenderon durante o curso.


Diversidade
O IES de Beade aposta pola atención á diversidade do alumnado. Contan para iso co traballo do departamento de orientación que organiza: Agrupamentos específicos, apoio en grupos reducidos e atención individualizada, programa de identificación e intervención de alumnado con dificultades de aprendizaxee programa de identificación e intervención de altas capacidades.


Web e App
O centro educativo dispón dunha páxina web (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesbeade/) e dunha APP (para dispositivos Android, que se pode descargar no GooglePlay sen máis que buscar “IES de Beade”), que son actualizadas e nas que se comunican as novidades e eventos a
Ademais, na web do instituto publícanse as actividades dos clubs da comunidade edicativa e conta cunha galería de fotos e vídeos das diferentes viaxes e actividades. Contan tamén coa Televisión do IES de Beade, que dá conta de charlas, actuacións, entrevistas e outros eventos.

Te puede interesar