Opinión

Si gardas no teu posto a cabeza tranquila

Non convén ser home de letras nin dos que viven das actividades máis ou menos literarias. Mellor ser banqueiros ou grandes negociantes, ou futbolistas de equipos de primeirísima división e outros de mellor casta que aparecen logo abandonando á forza a súa posición en el Banco Tal Internacional ou ser un  deses políticos “listísimos” con ese xogo de recibir “pasta ad memoriam propia”,  --toma!… e outros personaxes máis ou menos así, que fuxen logo dos chanzos dos xuzgados. É broma, o que quero dicir é que esta xente non len apenas poesía (por desgraza para eles) e quixese referirme a un poeta importante hoxe que nos inspira a conseguir o que desexamos si nos esforzamos.
Cóntame un amigo intimísimo de outro ídem que tiña coñecido hai algún tempo un poema moi fermoso obra de Rudyard Kipling e pregoume por qué non o pasaba ao galego. Deixéime querer un anaquiño e despois  traducino rápidamente non fose que me pisase a tradución  algún poetiña común e…adiante! (polo menos podo dicir que colaborei con ise grandísimo Rudyard Kipling. E logo? Espero que o lean e falen ben de Kipling, claro. En galego sairá tan belo o texto…Iso espero humildemente e ademáis así deixo contento a un bo amigo pedichón. Vale…Se darán conta do importante e fermoso moralmente que é e será  cousa de non esquecelo nunca. Ogallá o lean moitos). 
Iniciamos. Fala o poeta: 
Si gardas no teu posto a cabeza tranquila,/cando todo ao teu lado é cabeza perdida./Si tes en ti mesmo unha fe que che negan/e non desprezas nunca as dúbidas que eles teñan./Si esperas no teu posto, sen fatiga na espera./Si enganado, non enganas./Si non buscas máis odio, que o odio que che teñan./Si es bo, e non finxes ser mellor do que es./Si ao falar non esaxeras, o que sabes e queres./Si soñas e os soños non che fan o seu escravo./Si pensas e rexeitas o que pensas en balde./Si alcanzas o triunfo ou chega a túa derrota,/e aos dous impostores trátaslles de igual forma./Si logras que se saiba a verdade que falaches,/a pesar do sofisma do Orbe encanallado./Si volves ao comezo da obra perdida,/aínda que esta obra sexa a de toda a túa vida./Si arriscas dun golpe e cheo de alegría,/as túas ganancias de sempre á sorte dun día,/e perdes, e lánzasche de novo á pelexa,/sen dicir nada a ninguén o que es, nin o que eras…
(Ben, aquí vou rematar porque teño amigos que aseguran que o mellor é que cada un siga o camiño de Rudyard Kipling. Paga a pena buscar o que falta e cada un de nós quedará máis contento de ler ao poeta premio Nobel.

Te puede interesar