VIGO

“Galicia Canta” recupera a música da terra na migración

A caratula foi un deseño do artista Seoane, que reproducíu o estereotipo galego.
photo_camera A caratula foi un deseño do artista Seoane, que reproducíu o estereotipo galego.

A Fundación Celso Emilio Ferreiro reedita o disco que inicia a Nova Canción Galega de forte compromiso social e intelectual

nnn A Fundación Celso Emilio Ferreiro ven de reeditar o LP “Galicia canta”, recuperando así parte do patrimonio de música social. “É a nosa tarefa difundir a obra do poeta e este é un xeito de facelo”, apuntou Luis Ferreiro, director da Fundación e fillo do poeta. O disco foi publicado en 1970 por iniciativa de Celso Emilio, Xulio Formoso e Ignacio Sesto. Agotado hai 40 anos, volveu a reproducirse para asegurar a súa conservación. Trátase do primeiro disco editado en galego e considerado como o iniciador da Nova Canción Galega.  
Fíxose unha tirada limitada de 250 unidades tamén en vinilo. Mostra o que escoitaban alén das fronteiras, que por aquel entón non chegaba a Galicia. No seu repertorio atópanse poemas reivindicativos da época, dirixidos aos emigrantes galegos en Caracás para mantelos ao tanto do que acontecía na terra. Así, na primeira cara atópanse “Romance incompleto”, de Xavier e Ferreiro; “No Vietnam”, de Benedicto e Lois Dieguez; “O Umbral”, de Moscoso e Les; “Ti Galicia”, de Miro; “Vento de inxusticia”, de Guillermo, e “A Emigración” composto por  Rubia e M. Curros Enríquez.
Na cara b, Formoso asina tódolos temas, algúns en colaboración con Ignacio Sesto ( “A Historia do meu Pobo”  e “Un vento ven”), Farruco Sesto, que chegaría a ministro en Venezuela, (“Cholo Peruan” e “Pandeirada ao Ché”) e co propio Celso Emilio (“Pola longa lonxanía” e “O dedo na Chaga”). Entre os datos curiosos do disco está o deseño da carátula, asinada polo artista Seoane.
Xa se entregaron gratuitamente 80 exemplares, 50 deles na feira Cultugal. O resto repartiranse entre profesionais relacionados co mundo da música ou aos interesados que así o soliciten a través de [email protected] , indicando o teu nome, apelidos e teléfono.n

Te puede interesar