CULTURA

Fundación Premios da Crítica premia a Olga Novo, Bieito Alonso, «GCiencia», Margarita Viso, Alfonso Costa, Os Monicreques de Kukas, Óliver Laxe e Festa do Marisco do Grove

Premios da Crítica de Galicia,
photo_camera Premios da Crítica de Galicia,

A pandemia de coronavirus marcou a edición número 43 dos Premios da Crítica de Galicia, que cada ano, dende 1978, outorga a fundación do mesmo nome.


Nesta ocasión, a decisión dos xurados, que tiveron que debatir por video conferencia, foi comunicada vía YouTube polo presidente da fundación, Bieito Ledo, e o secretario, Manuel Bragado, nun acto na sede de Afundación que substituíu ao tradicional xantar no que adoitaban coincidir premiados, finalistas e destacados persoeiros do mundo da cultura e da política de Galicia.

Finalmente, os galardóns recaíron en Olga Novo, na categoría de Creación Literaria, pola súa obra “Feliz Idade”; Beito Alonso, na modalidade de Investigación, polo seu ensaio “Anarquistas galegos en América”; o portal “GCiencia”, en Iniciativas Culturais e Científicas; a compositora e musicóloga Margarita Viso, en Música; o pintor e gravador Bieito Alonso, en Artes Plásticas; Os Monicreques de Kukas, co seu espectáculo “Arlequina”, en Artes Escénicas; Óliver Laxe, polo seu filme “O que arde”, en Cine e Artes Audiovisuais; e a Festa do Marisco do Grove, en Cultura Gastronómica.

Bieito Ledo salientou que na Fundación Premios da Crítica “imos seguir traballando para que non arda, senón para que todo medre” en Galicia, “un país con moita maxia”, dixo, que ten que deixar de ser o ‘finisterre’ para ser “a cabeza do mundo”.
 

Te puede interesar