UNIVERSIDAD

Fotografía, pintura e música, nun novo concurso de creatividade

O gañador do concurso de fotografía do ano pasado.
photo_camera O gañador do concurso de fotografía do ano pasado.

n n n A Universidade de Vigo busca a creatividade e o talento artístico das persoas que forman parte da comunidade universitaria e faino convocando unha nova edición dos concursos de creación, que comprenden as modalidades de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música, nas que, en total, repartiranse 7.800 euros en premios. Organizado pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, a convocatoria está aberta a toda a comunidade universitaria e poderanse presentar obras ata o vindeiro 21 de xuño.
Para incentivar as propostas, os premios de creación audiovisual, que cumpren dezasete anos, comprenden catro modalidades: curta narrativa, documental, vídeo experimental e animación.
Mentres que todos os demais concursos chegan á súa decimo sétima edición, o certame de fotografía cumpre dezaseis anos na procura da mellor fotografía única e serie fotográfica. Por outro lado, os membros da comunidade universitaria poderán plasmar súa arte sobre un lenzo de non máis de 200 cm na maior das súas dimensións e baixo calquera técnica que se queira empregar. No caso das maquetas de música, poden concorrer tanto solistas da comunidade universitaria como grupos que teñan entre os seus compoñentes polo menos dous membros que formen parte deste colectivo, ou ben tres cando a banda este composta por cinco ou máis persoas.n
 

Te puede interesar