ELECCIONES 10-N

Pontón: “O BNG é a papeleta do futuro digno para Galicia”

Xabier P. Igrexas, Ana Pontón, Carme da Silva, Xesus López e Olaia Fernández e Guillerme Vázquez.
photo_camera Xabier P. Igrexas, Ana Pontón, Carme da Silva, Xesus López e Olaia Fernández e Guillerme Vázquez.
A formación nacionalista pechou a campaña en Vigo, sobrepasando o aforo de Afundación
n n n O Bloque escolleu Vigo para pechar a campaña electoral para o 10 de novembro coa asistencia da portavoz nacional, Ana Pontón e os candidatos ao Congreso pola provincia. “Pechamos campaña e quero facelo apelando ao orgullo e a dignidade dos galegos e das galegas”, proclamou Pontón ante un auditorio cheo –preto de medio centenar de simpatizantes quedaron fora da sé de Afundación ao completarse o aforo–. A portavoz nacional pediu sumar no BNG “todo o voto de país e todo o voto das persoas progresistas desencantadas co PSOE-Podemos, porque non defenderon Galiza, non avanzaron en dereitos sociais, e porque non plantaron cara ao discurso antidemocrático e antigalego da extrema dereita ao que, por contra, déronlle novas oportunidades nas urnas”. Ana Pontón reclamou que os vigueses depositasen a súa confianza na formación nacionalista este domingo porque “o Bloque é a papeleta do futuro digno para Galicia”.
“O 10N temos que votar para construír un futuro mellor apostando pola única forza que ten as mans libres para defender os intereses dos galegos e das galegas, un BNG que non lle vai fallar a Galiza nin a toda  esa cidadanía farta da discriminación de PP, PSOE, PODEMOS, nin a toda esa cidadanía que viu como a esquerda estatal xogou co seu voto”, concluíu.
Antes da súa intervención, a candidata ao Congreso pola porvincia, Carme da Silva foi contundente ao sinalar a importancia de ter unha voz propia “non alienada” que defenda os intereses dos galegos e lembrou que co Bloque ausente, os 23 deputados electos elixidos “non se moveron na defensa de Galicia é dos intereses dos galegos. Nunca máis Galicia silenciada, desta vai”. 
Pola súa banda, o concelleiro vigués Xabier P. Igrexas foi o encargado de abrir o acto e recalcou que a ausencia do BNG en Madrid “invisibilizou Vigo e Galicia” e que a partires deste domingo a súa formación “vai marcar a diferenza como xa o está a facer no Concello”. Xesús López, número 2 da candidatura ao Congreso, recordou os “1.500 días que Galicia non tivo defensa e viviu nun continuo día da marmota” e fixo un chamamento ao “voto en clave galega”. n

Te puede interesar