Imprimir

"Estar na parte alta da clasificación dá un plus"

Jorge castro. vigo | 11 de enero de 2019

CARMEN PRELCHI. Xogadora viguesa do Granollers
CARMEN PRELCHI. Xogadora viguesa do Granollers

Carmen Prelchi (Vigo, 23 de agosto de 1999) estará mañá co Granollers na Sangriña ante o Guardés e a vindeira semana comeza a eliminatoria de Copa da Raíña ante o Godoy Maceira Porriño. Dous retos notables para o equipo catalán, que marcha cuarto a dous puntos lo liderado da competición de liga. 

 

Marchan cuartas, é mellor do que esperaban?
Cando comeza a tempada non podes tirar a pouco. Na comparación co ano pasado, estamos acadando resultados que doce meses antes escaparonsenos por moi pouco. Gañamos en experiencia, é algo que se nota. 

Como afrontan o partido ante o Guardés?
Imos con intención. Quedan dous partido para rematar a primeira volta e queremos sacar o maior número de puntos posibles. Temos ilusión, pero como calquera outro rival.  

Dentro do equipo, falan de que poden gañar a liga?
A nosa filosofía non vai en mirar os resultados de final de tempada. Nós imos cada mes e partido a partido. Primeiro temos que meternos na fase final da Copa da Raíña, que é a competición que remata antes e, despois, na liga loitaremos ó máximo para estar o máis arriba posible. Falta moito, aínda non rematou a primeira volta.  
 

Marchan cuartas, isto dá máis motivación ou xa está ímplicita?
A motivación vai implícita, pero é un plus. Comprobar que o traballo ten unha recompensa, é positivo. É algo bo, un agasallo para o equipo.  

Nos últimos anos, o Granollers foi un dos equipos que puxo en maiores apuros ó Guardés. Cales son os motivos?
Perdemos os dous partidos do ano pasado por un gol. É un sabor agridoce porque estás algo contenta, pero tes esa tristura. En todo caso, no partido de mañá creo que podemos loitar pola vitoria e que gañará o equipo que teña menos erros. O Guardés este ano dispón de xogadoras de menor idade, pero con calidade e moita compenetración entre elas.  

En que mellorou o Granollers?
O equipo ten un punto de madurez que non tiña o ano pasado. Somos un equipo de xogadoras novas, pero agora afrontamos mellor os minutos complicados. É unha evolución do feito o ano pasado. 

Tras a liga, chegará a Copa da Raíña ante un Porriño que vai peor que o Guardés, pero ante o que o Granollers colleita malos resultados. 
O obxectivo é clasificarse para a fase final. É un equipo que non está a obter os resultados que debería pola súa calidade, pero dispón de xogadoras de nivel, que saben xogar e que teñen claros os puntos fortes e os febles. Non teño unha resposta clara ó feito de non obter vitorias ante elas máis alá de que tivo unha boa lectura do noso xogo e que nós non estivemos cómodas polo seu estilo. En todo caso, entendo que temos capacidade para gañarlle. 

Como valora a súa tempada?
Estou probando unha posición diferente. Estou no lateral defensivo e non no centro. Estou aprendendo cousas novas e estou contenta polo reto que me marcou o adestrador e como o estou sacando adiante. Ademais, serve para coñecer cousas novas e tamén para ter unha visión más global do balonmán. 

Máis alá do deporte, continúa cos estudos universitarios?
Este ano deixei de adestrar a cativas porque quería centrarme nos estudos e acadeino. Era un reto persoal mellorar nese aspecto e saquei todas as materias e con mellores notas. Son esixente, sabía que quería mellorar neste aspecto e logreino. Teño pouco tempo, pero como moitas xogadoras da liga, é preciso organizarse.n

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/deporte-local/estar-parte-alta-da-clasificacion-da-plus/20190111002835686733.html


© 2019 Atlántico

© Rías Baixas Comunicación, S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons