ANTÓN GÓMEZ-REINO Candidato de Galicia en Común

"Queremos ser a lista que lidere o cambio político"

Antón Gómez-Reino, candidato á Xunta de Galicia en Común.
photo_camera Antón Gómez-Reino, candidato á Xunta de Galicia en Común.
 Convencido da necesidade dun cambio político en Galicia, Antón Gómez-Reino, deputado no Congreso de Podemos e candidato de Galicia en Común, chama á participación na xornada do próximo 12 de xullo como a "única" forma de propiciar ese cambio de nomes e ideas "necesario" na Comunidade.

Como está sendo a campaña para vostede? Que sensacións ten?
É unha campaña evidentemente diferente na que é certo que a cidadanía está preocupada por moitas cuestións pero non pola cuestión electoral, pola situación política sí, e pola económica e social tamén. Despois de dez anos difíciles, e catro meses especialmente estamos xogándonos nunhas eleccións decisivas, a posibilidade de construir un goberno alternativo, progresista e de cambio neste país.

Nos últimos días está insistindo en que a maioría absoluta de Feijóo vaise xogar por poucos votos.
Son datos. Éimportante poñelo enriba da mesa, en todos os últimos procesos electorais neste país houbo claras maiorías do conxunto do bloque progresista: da suma do PSOE, Galicia en Común e tamén o BNG. Sempre superaron en máis de 200.000 votos de diferenza ao PP. Incluso as enquisas máis negativas para a esquerda falan de un ou dous puntos de diferenza do sumatorio dos bloques, que poden ser 12.000 ou 15.000 votos. Se os galegos queren un cambio político e van votar, o 13 de xullo haberá un cambio no goberno da Xunta.
Como se lle pode dar a volta ás enquisas? A maioría das que se publicaron danlle unha maioría absoluta ao goberno do PP?
Ten que haber unha alta participación. Galicia é un país netamente progresista, hai unha maioría de cambio, moitas mobilizacións, e eu insisto, se a xente progresista vai votar non me cabe dúbida de que haberá unha maioría de cambio que vai deixar atrás os anos dificiles do PP, de corrupción, austeridade e políticas de recortes.

É unha xornada electoral atípica, en pleno mes de xullo e en medio dunha pandemia. 
A ninguén se lle escapa que o PP e Feijóo lanzaron esta convocatoria desoindo ao conxunto da oposición. Buscaban unha baixa participación. Creo que calquera dirixente aspira a que as eleccións se den nun contexto de normalidade coa maior participación posible. Nós tratamos de poñer enriba da mesa que a xente progresista ten que saber que nos xogamos moitísimo, son as eleccións máis importantes da democracia en Galicia.

As persoas que poden ter máis respeto ou incluso medo de ir votar serán as maiores. Iso non beneficia á esquerda?
Eu non vou facer ese tipo de cábalas porque desexo que haxa canta máis participación posible. Quero que nós sexamos a lista que lidere o cambio político en Galicia e quero que a xente participe.

Se non hai maioría absoluta do PP ve dificultades para chegar a acordos de goberno.
Ningunha. Son claro, levo semanas dicindo que hai cooperación e diálogo, unha boa sintonía entre o PSOE, o BNG e Galicia en Común. Nos debates estase vendo que hai moita coincidencia, e sería positivo que déramos máis mensaxes do que as tres forzas da esquerda deste país temos clarísimo, un horizonte definido de certezas e seguridade.

Como se leva persoalmente conCaballero e con Ana Pontón? E con Pancho Casal?
A Gonzalo e Ana apenas os coñecía, porque levo anos facendo política no Congreso, pero nos últimos meses teño unha boa relación e creo que é o que nos toca. A sociedade galega foi un exemplo de civismo e creo que o mínimo é que agora mostremos capacidade de chegar a acordos e construir horizontes de medio e longo plazo. 

Como ve a xestión da pandemia da Xunta e do Goberno central?
En varias entrevistas xa preguntáronme pola puntuación da Xunta de Galicia, e eu daríalle un no comparecido porque as súas comparecencias na TVG sistemáticamente foron de forma poco decorosas.No que ten que ver co goberno do Estado hai algo fundamental: todas e cada unha das decisións no que tiña que ver con cuestións sanitarias e epidemiolóxicas déronse sempre baixo as indicacións das autoridades científicas. Hai inxente mobilización de recursos públicos que fixo o Goberno cunha ministra galega cun papel fundamental, Yolanda Díaz. 

Como ve a crise económica que se nos ven enriba? Que papel ten que xogar a Xunta en Galicia?
Un papel de dinamización económica fundamental e de protección das nosas familias. A partir do día 13 ten que haber unha Xunta que interveña con mobilización de recursos na economía. Ten que apoiar aos sectores primarios, que son moi importantes no país, hai un reto que é volver a fornecer aos servizos públicos. A educación ten que estar apoiada, e precisamos unha intervención que active a economía de consumo e a produtiva e que combata a situación demográfica.

Cales son os principais problemas e que solucións propoñen? 
Son tantos os problemas estruturais que é dificil escoller un, pero creo que primeiro necesitamos un cambio de modelo, porque o que temos fixo que haxa 20.000 empregos menos. Hai que apostar por investigar, e pola reindustrialización. Estamos por debaixo da media do Estado en inversión en I+D+I. Hai que apoiar ao lácteo, pesca, gandeiria… Nós levamos un paquete de medidas para que os menores de 35 anos que queiran emancipar alugando o poidan facer. 

Falaba da despoboación. Como facer atractivo o rural?
O rural é atractivo, o problema é que as administracións cancelan as expectativas de vida. Se non tes unha farmacia, unha escola, unha entidade bancaria onde desenvolver a túa vida, pois é moito máis dificil vivir ai. Temos moitas potencialidades pero hai que asegurar os servizos públicos e que a xente poida pensar no futuro cunha economía da que vivir.

No debate apenas se mencionou Europa, e o seu papel será clave para resolver esta crise.
Un dos grandes problemas da Xunta de Galicia é mirar para outro lado, como cando fai 10 anos nos avisaron de que viña o cambio climático, con cuestións como a planta de Alcoa, Meirama… Igual que cos incendios forestais. Agora Europa estanos dicindo quue a mobilización de recursos públicos vai ir enfocada aos elementos produtivos vinculados á transición enerxética e a economía verde. Temos que mirar a Europa, pero non para facer un mal gasto en pequenas infraestruturas innecesarias, senón para irrigar a nosa economía produtiva real. 

Que mensaxe quere trasladar ao electorado?
Hai que deixar atrás xa os anos que nos lastraron economicamente, construir un futuro de democracia e proxección económica diferente, para os maiores e os mozos. O día 12 é importante que nos vaian a votar como ferramenta fundamental para ter políticas realmente comprometidas e de esquerdas.

Te puede interesar