Os escarnios do fútbol

Acabo de ler na prensa que o Deportivo da Coruña presentou dous xogadores novos e que vai contratar aínda outro máis. Todos sabemos, porque así se puido ler en todos os medios de información serios, a débeda que esta Sociedade Anónima Deportiva mantén coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social, con Novagalicia Banco, etc. Falamos de millóns de euros, millóns.

Evidentemente aquí hai algo que non funciona ben. Como se pagan estas fichaxes? Con que diñeiro? Parece unha broma; alguén está morto de risa, pero ríndose de todos nós.

Por certo, será verdade que a antiga Caixa, agora banco privado, vai perdoar parte deses pagos? Sería outra broma, e os que provocaron esta enorme débeda seguirían burlándose de min e de vostedes.

Te puede interesar
Más en Cartas al director