Imprimir

Un Samaín para os alumnos da Escola Monte do Alba

Atlántico | 26 de noviembre de 2019

Continúan co obradoiro de cabazas, conforme a tradición, escollemos cabazas e preparámolas.
Continúan co obradoiro de cabazas, conforme a tradición, escollemos cabazas e preparámolas.
Un centro no que gusta investigar, compartir e vivir as festas tradicionais galegas, que ademais están moi relacionadas coa natureza. 
Entre estes eventos destacan festas como o Samaín que celebraban os antigos pobos celtas.
Na Escola Infantil Plurilingüe Monte do Alba gusta investigar, compartir e vivir as festas tradicionais do noso país, que ademais están moi relacionadas coa natureza e os cambios estacionais. 
Entre estes eventos destaca o Samaín, festa que xa celebraban os antigos pobos celtas que habitaban este recuncho para festexaren o aninovo.
A festa dura varios días, comeza coa decoración das portas e os corredores con vampiros, bruxas e  monstros que se elaboran nas clases. Continúa co obradoiro de cabazas, conforme a tradición, escollemos cabazas e preparámolas baleirándoas, facéndolles ollos e bocas, pintámolas e convertémolas en monstruosas caras. 
Seguen cos obradoiros terroríficos nos que, coa axuda de familiares colaboradores, tanto nos transformamos con maquillaxe en bruxas ou monstros, buscamos ósos ou arañas agachadas polo cole, como cociñamos algunha receita arrepiante, este ano comemos vampiros de chocolate Tamén houbo tempo para que a Bruxa Maruxa e a Bruxa Remixia viñeran a contar nos un conto de medo, realmente eran Dalia, a mamá de Mateo e Tamara, a de Guille, disfrazadas. 
Ademáis os alumnos da EEII Plurilingüe Monte do Alba sube ao CEP Plurilingüe Igrexa Valadares para ver a súa exposición de cabazas decoradas polas familias do centro. Para rematar cando chega o gran día, todas, crianzas e mestras, acuden  disfrazadas ao cole, coas cabazas e as que traen  de casa e decoran a clase de usos múltiples. 
Coa aula a escuras e as candeas acendidas entran por grupos descubrindo o marabilloso cadro que forman. Aproveitamos para berrar moi forte e así, espantar tódolos medos, ata o ano que vén. As cabazas que preparan nas clases e algunhas outras que doan as familias viaxan ata Navia para volver ser protagonistas, entre outras,
no Samaín que alí festexan. 
Con esta celebración recuperan a tradición, de contar contos de medo arredor da calor do lume ou da elaboración das cabazas, mais tamén sérvenos para afondar  nos sentimento do medo, reflexionar sobre que cousas nolo producen e aprender a reaccionar nestes casos, sacando importancia aos medos que poden  controlar, os producidos pola imaxinación, ou buscando estratexias, correr, berrar e pedir axuda para afrontar os necesarios medos reais.
Sensacións 
na Escola Monte do Alba
Na escola infantil Monte do Alba apostamos pola experimentación, as sensacións, a manipulación como fonte de aprendizaxe, polo que estan sempre moi abertas a saír e contactar co mundo que les rodea e aproveitar tódalas experiencias que a sociedade brinda, e así asisten a concertos, obras de teatro, facendo saídas a museos, aos montes colindantes, participamos en actividades que nos ofertan distintos colectivos sociais. 
E pola mesma razón gústan recibir aos diferentes artistas ou colectivos que veñen compartir o seu traballo con alumnos, alumnas e mestres da escola para dar a coñecer as súas ideas.
Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.atlantico.net/articulo/xornal-escolar/eeip-monte-do-alba-vigo-escola-aberta-participativa/20191126094820741340.html


© 2020 Atlántico

© Rías Baixas Comunicación, S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons