XORNAL ESCOLAR

A EEI Monte do Alba, unha escola integrada no seu entorno

20190114232251785
photo_camera Os nenos entran na escola por unha zona porticada que serve de patio os días de chuvia.

A ANPA colabora coa escola, xestionando a aula de madrugadores, a garda do comedor escolar, con propostas especificas para a etapa infantil e coa xestión das actividades extraescolares , entre as que se atopan baile moderno, tenis e cociña.

A Escuela Infantil Monte do Alba atópase na beira do monte  que lle da nome. É unha escola pública de Educación Infantil de 3 a 6 anos, con profesorado moi implicado nas novas liñas educativas. A escola está insertada na parroquia de Valadares dende hai xa 39 anos, nun entorno natural de campos de cultivo e bosque lindante. 
O seu horario é de 9:15 horas as 2:15 horas ampliado coa oferta dun aula  de madrugadores que funciona dende as 7:30 da mañá.  O  alumnado acude ao comedor escolar do centro de Educación Primaria  Igrexa Valadres e  que conta con cociña propia, acompañados de profesorado e familia, ofrecen así mesmo un servizo de garda ata que comezan as actividades extraescolares ou nenos e nenas son recollidos pola súa familia.Teñen un fermoso e amplio patio de 1.000 metros cadrados no que nenos e nenas poden xogar coa area, os  columpios, a Casiña de Pinocho, unha edificación especialmente pensada para eles, coa auga, os triciclos e outros trebellos naturais que conforman o patio ademais de colaborar na plantación e recolleita de productos da nosa  horta  e no coidado das plantas do xardín. Acceden á escola polo parte axardinada do patio e pasan por unha ampla zona porticada que permitelles disfrutar do recreo incluso cando chove. No primeiro andar  teñen a clase de psicomotricidade, que tanto nos invita ao movemento dos xogos como ao relax e calma do ioga e serve así mesmo de escenario de teatro, contacontos ou para actividades musicais, onde os nenos poden ser espectadores ou protagonistas das  propias producción. Na mesma planta hai dúas espazosas aulas para o agrupamento do alumnado por idades. 
No primeiro andar, unha biblioteca,  acabada de reformar, cun amplo número de contos, que van á casa como péstamo unha vez á semana, e onde tamén se realizan sesións  de contacontos ou  obradoiros de lingua. Aquí tamén, a aula de inglés, que ten contos, xogos, ordenadores para a aprendizaxe activa e lúdica deste idioma. Un aula de audición e linguaxe con material diverso e preciso para adquirir unha linguaxe rica e fluída. Toda a escola está pensada para nenos de Educación Infantil, con baños,  pasamáns e outros materiais adaptados ás súas alturas e intereses. Tanto o edifico, aulas, corredores, escaleiras, coma o patio son espazos lúdicos e didácticos que permiten a convivencia a través de variadas actividades conxuntas: obradoiros, festas, exposicións, actividades que desenvolven a creatividade e facilitan a participación das familias. Tódolas aulas da escola contan con acceso a internet, recuncho de informática, canón e encerado dixital. Os nenos da parroquia acuden ao centro en 2 liñas de transporte escolar que os recollen nas diferentes paradas. A escola está ben comunicada coa circunvalación de Vigo, recibindo alumnos do Freixo, Matamá, Garrida, Beade, a uns dous kilómetros do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares e cerca do Cuvi.

Te puede interesar