atletismo

Día de atletismo no mercado

Os atletas maiores afrontaron un trazado de 5.000 metros ó que tiñan que dar unha ou dúas voltas en función da proba.
photo_camera Os atletas maiores afrontaron un trazado de 5.000 metros ó que tiñan que dar unha ou dúas voltas en función da proba.

A carreira Calvario 5+5 reuniu a 700 atletas con vitoria de Iñaki Pena-Manso e Esther Valiño na proba raíña 

Habitualmente, o mercado do Calvario acolle as carreiras por atopar os peixes con maior frescura, as froitas máis fermosas ou as verzas de maior sabor. Pasa durante todos os días comerciais do ano, pero onte a velocidade foi puramente atlética por chegar ó mercado, en lugar que antes do veciño para coller a quenda, por facelo con maior celeridade que o resto dos competidores na Calvario 5+5. 
O primeiro grupo atlético tivo como gañador a Dani Bargiela, que optou por facer a proba de 5 quilómetros e gañouna con notable facilidade. En mulleres, a vitoria foi para María Teresa Sordo nunha cita que completaron 114 deportistas. A convocatoria de primeira hora foi a que tivo menos tirón.
Máis interesados acudiron á porta do mercado á seguinte oferta do día, a proba de 10 quilómetros. Distancia tradicional no atletismo popular e, como era doado de prognosticar, a que tivo unha maior participación. Finalizaron esta competición 446 corredores, con vitorias para Iñaki Pena-Manso e Esther Valiño. Entre os homes, o triunfo foi realmente axustado porque Víctor Hugo Pacheco cruzou a liña de chegada a seis segundos do gañador tras ceder terreo na primeira metade da carreira e reducir a desvantaxa tras o ecuador.
Entre as mulleres, a vitoria de Valiño tivo máis claridade ó ser a única muller que baixou dos corenta minutos na proba. Precisamente, na segunda posición entrou a triatletla paralímpica Susana Rodríguez e no terceiro lugar finalizou Noemí Gómez. 
Tras cumprir co seu papel os maiores, a particular xornada atlética no mercado do Calvario converteuse nun xogo de nenos coas probas para cativos. Cada un, en función da idade, completou o percorrido o máis rápido posible. Foi o mellor fin de competición para un evento no que, tras unha noite de moita auga e vento, a meteoroloxía calmou a tempo e os participantes puideron correr sen choiva, pero coas rúas aínda moi molladas, o que obrigaba a ter certas precaucións, especialmente nos treitos empedrados. Como é habitual, contou co alcalde de Vigo, Abel Caballero, na saída. Animou ós participantes mentres o concelleiro Manel Fernández quedou como encargado de dar a saída coa bucina.

20190210184947416201902101850298362019021018480634820190210185224604

Iñaki Pena-Manso celebrou de xeito notable a súa vitoria na carreira Calvario 5+5 disputada onte en Vigo. 

Te puede interesar