desafío delio fernández

Delio Fernández finaliza décimo quinto na vitoria de Iván Sosa

Iván Sosa celebra a vitoria na meta das Lagunas de Neila.
photo_camera Iván Sosa celebra a vitoria na meta das Lagunas de Neila.
O moañés Delio Fernández finalizou onte a súa participación na Vuelta a Burgos na décimo quinta posición ó rematar vixésimo a etapa que pechou a proba e que tivo o final nas Lagunas de Neila, un alto de primeira categoría e rampas especialmente duras.
A vitoria na xornada e na clasificación xeral foi para o colombiano do Ineos Iván Ramiro Sosa que acadou o triunfo na cita con claridade tras impoñerse nas dúas etapas con final en alto e, deste xeito, amosa que chegará nun gran momento de forma ó inicio da Vuelta a España, o vindeiro sábado 24 de agosto. 
Segundo finalizou Óscar Rodríguez (Euskadi-Murias) a 31 segundos e terceiro rematou Richard Carapaz, do Movistar, a 42. 
Pola súa banda, Delio Fernández viviu onte unha ascensión ata o alto das Lagunas de Neila algo caótica porque entrou no porto no primeiro grupo, pero rachou a cadea e tivo que cambiar de bicicleta. Primeiro ascendeu uns quilómetros cun dos vehículos do coche neutro de asistencia ata que permitiron remontar ó coche do seu equipo para coller unha da súa medida. Deste xeito, o moañés perdeu un tempo valioso e quedou moi descolgado do grupo principal. Remontou no último treito ata rematar na vixésima posición na etapa, por uns segundos, manterse na décima quinta praza na xeral. Despois subiu ó coche para chegar pola noite a Moaña e estar no evento ó que dá nome.

Te puede interesar