Xornal Escolar

O Colexio Frián pecha o cross escolar

masd2
photo_camera As inmediacións do centro escolar, entre a Travesía de Vigo e a rúa Cantabria, convertéronse nun improvisado circuito para os cativos, que contaron coa ánimos do alcalde de Vigo, Abel Caballero.
A proba do centro de Teis foi a sexta e última do circuito municipal, con 237 cativos de tódalas edades á carreira
O entorno do Colexio Frián, na parte superior da Travesía de Vigo, acolleu na mañá do pasado domingo a sexta e última proba do circuito municipal de cross escolar. 237 cativos de seis categorías diferentes participaron na quinta edición da cita, na que tamén os pais e as nais ataron as zapatillas para correr nun percorrido especial adaptado a eles.
A proba sub-14 masculina, sobre 1.200 metros, gañouna Asheber Díaz, da AVA. Na feminina alzou os brazos Irene Carrera, do Colexio Val Miñor, nunha distancia de 1.000 metros.
Na sub-12, André Díaz, do Monterrey, e Victoria Pampillón, da AVA, foron os máis rápidos na liña de meta. Entre os sub-10, a AVA voltou a amosar o seu dominio na mañá dominical co trunfo de Leire Gil que, xunto a Antía Soto, completou o doblete da entidade. Xián Franco, do Comesaña, acadou a vitoria entre os nenos. Con respecto á categoría sub-8, Adrián Vila, do Frián, foi o gañador e Carla Álvarez, a vencedora.
Ademais, houbo carreiras adaptadas para 'pitufos' de catro e cinco anos, que gozaron dunha mañá na que o tempo acompañou e o deporte, a diversión e os sorrison foron os grandes protagonistas.

Te puede interesar