Imprimir

Coa honra garantida

Atlántico | 02 de junio de 2020

Hugo Álvarez, Alberto Suárez (adestrador principal) e Pablo Couñago forman o corpo técnico do Choco.
Hugo Álvarez, Alberto Suárez (adestrador principal) e Pablo Couñago forman o corpo técnico do Choco.
Alberto Suárez adestrará ó Choco xuvenil na máxima categoría
Que o Choco atravesa a mellor etapa da súa historia non é opinión. É información. Dende que ascendeu a Terceira hai sete anos, estableceuse na categoría, sempre nos postos altos da táboa e con dous play-offs de ascenso. Ese bo traballo do primeiro equipo tiña correspondencia tamén na base, que esta tempada atopou o premio dun ascenso a División de Honra xuvenil. Alberto Suárez forma parte desa historia. Como xogador, estivo no equipo de Marcos Montes que acadou o pase á segunda rolda da fase de ascenso á Segunda B. Como adestrador, será o primeiro en dirixir a un xuvenil choqueiro na máxima categoría. "Este club é como a miña casa e é un orgullo acadalo após tanto tempo buscando", comentou o vilalbés.
O club redondelán escenificou onte a renovación de Suárez, que seguirá á fronte xunto ós seus asistentes: Hugo Álvarez -"un tío espectacular, cunha ilusión moi grande"- e Pablo Couñago -"cando os rapaces descobren quen é na Internet, quedan coa boca aberta"-. 
O obxectivo na estrea na División de Honra non muda: formar e competir. E sempre cun estilo de xogo marca da casa, na liña do primeiro equipo. Protagonismo en campo contrario e balón. Moito balón. "Xogar dun xeito diferente non axudaría a que os rapaces estivesen máis cerca do primeiro equipo, inda que así acadases a salvación dunha maneira máis sinxela", reivindica.
Pero antes de competir, hai que confeccionar. Bastantes xogadores pasan a sénior -máis de un ficará no primeiro equipo-, catro ou cinco seguirán, algún subirá do B e o resto serán fichaxes. De feito, esta semana anunciaranse catro. n
Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.atlantico.net/articulo/deporte-local/coa-honra-garantida/20200602000301777866.html


© 2020 Atlántico

© Rías Baixas Comunicación, S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons