xornal escolar

O CEIP Santa Mariña, un colexio que ofrece una educación de calidade

Os nenos e nenas do colexio no comedor escolar.
photo_camera Os nenos e nenas do colexio no comedor escolar.

O centro vigués, situado na zona de Cabral do Concello de Vigo,  é un lugar de permanente innovación, onde se considera ó alumnado o elemento primordial do proceso educativo.
 

No ano 1974 foi inaugurado o Colexio Comarcal Santa Mariña na zona de Becerreira, Cabral, no Concello de Vigo. 
Case 50 anos despois, atopámonos co CEIP Santa Mariña, un centro pequeno, de ambiente familiar que ofrece unha educación individualizada e de calidade a todas as súas alumnas e alumnos, para que cada un deles poida acadar o máximo desenvolvemento das súas capacidades, forme o seu propio criterio, e poida tomar as súas decisións de maneira libre e responsable.
Un centro innovador
O CEIP Santa Mariña é un centro en permanente innovación. Un colexio no que consideramos ao alumnado o centro do proceso educativo. 
A tarefa fundamental do profesorado é procurar o pleno desenvolvemento da personalidade de cada un dos nenos e nenas, promovendo o traballo, o esforzo persoal e o constante afán de mellora. 
Servizos do centro
Cada mañá o centro abre as súas portas ás 8.00 horas para recibir ao alumnado que acude ao programa madrugadores, xestionado pola ANPA Alborada. Ás 8.50 horas chegan o resto dos nenos e nenas, que son agardados polas súas mestras e mestres para entrar nas aulas co son da música semanal.
O centro educativo oferta un servizo de transporte escolar con dúas rutas: unha liña comeza no IES Castelao, no barrio do Calvario; e a outra fai o percorrido pola contorna do centro.
O centro educativo conta tamén cun servizo de comedor xestionado pola Xunta dende que finalizan as clases ás 14.00 horas ata as 16.00 horas, momento no que comezan as actividades extraescolares. As actividades extraescolares que se desenvolven no centro son baile, teatro, educación emocional, cociña, natación e inglés coa titulación do Trinity College.
As familias do centro
No referente á presenza das familias na vida escolar, destacamos o labor da ANPA Alborada, que colabora activamente no centro a través de distintas accións: co-organización de celebracións como o Magosto ou a Festa de Fin de Curso; e tamén a organización e xestión das actividades extraescolares do centro.
As familias son unha parte importante dentro da vida académica do CEIP Santa Mariña  e este papel obsérvase no intercambio de accións e ideas, o que consigue que no día a día do centro viva un ambiente de confianza e traballo colaborativo entre as diferentes partes e o claustro educativo.
En definitiva, podemos dicir que o CEIP Santa Mariña é un centro global e que a súa comunidade educativa pode definirse como unha gran familia, na que todos poden  aportar o seu  gran de area para seguir mellorando día e día e conseguir así a formación integral das alumnas e alumnos, para preparalos para a sociedade e profesión do futuro.
 

Te puede interesar