xornal escolar

O CEIP Eduardo Pondal de Vigo aposta pola innovación educativa

O CEIP Eduardo Pondal conta con instalacións adaptadas aos nenos  e nenas.
photo_camera O CEIP Eduardo Pondal conta con instalacións adaptadas aos nenos e nenas.

O centro educativo vigués imparte os ciclos de Educación Infantil e Educación Primaria e conta con servizo de acollida temperá na idea de conciliación das familias e a escola.
 

O CEIP Eduardo Pondal de Vigo é centro que aposta pola innovacion educativa na comunidade galega coma o seu traballo principal.
O CEIP Eduardo Pondal é un centro público dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia situado no barrio de Sampaio, a tres minutos do barrio do Calvario e a cinco minutos de zonas de Vigo tan coñecidas como a Travesía de Vigo ou Ramón Nieto, tamén están preto de a Avenida do Peinador xa que o colexio está ao comezo da mesma.
O centro vigués oferta as ensinanzas de Educación Infantil e Educación Primaria nas que se traballa con metodoloxías educativas innovadoras como a aprendizaxe cooperativa e intelixencias múltiples.
Instalacións
e dotacións
Na actualidade o centro educativo dispón dunha superficie total de 7.500 metros cadrados con modernas instalacións e conta ademais con espazos moi amplos e luminosos no interior e zonas de exteriores e de recreo ben diferenciadas: coma o campo de fútbol, campo de baloncesto, zona de educación infantil e horto escolar. Tamén forman parte do colexio tres construcións, o edificio principal onde se atopan  as aulas dos diferentes ciclos.Outro pequeno edificio onde están as instalacións da Anpa, Asociación de pais e Nais, e un terceiro edificio que actualmente é o ximnasio do centro e o polideportivo. 
No edificio principal están situadas as aulas de Educación Infantil, as aulas de Educación Primaria, equipadas con cañon e pizarras dixitais garantindo a contorna adecuada para que toda a comunidade educativa poida desenvolver o máximo das súas posibilidades e alcanzar os obxectivos pretendidos no proxecto educativo do centro. Tamén están o departamento de Orientación, aula de usos múltiples, aula de Música, despachos de dirección e secretaría,  aula de novas tecnoloxías e comedor escolar do que fai uso a práctica totalidade do alumnado do centro, ademais da biblioteca escolar que é o eixe vertebrador de todos os proxectos desenvolvidos no centro
O colexio dispón ademais de aulas-espazos específicos de inglés, psicomotricidade, plástica-taller, e biblioteca como ferramentas e opcións para optimizar o traballo  docente.
Ademais o centro dispón dun pequeno invernadeiro dentro do  horto escolar no que se desenvolven ao longo de todo o curso escolar proxectos relacionados coa alimentación ecolóxica e o acercamento a natureza para una mellor sensibilidade dos alumnos.
O centro ademais tamén dispon de servizo de acollida temperá de alumnos desde as 07:45 horas da mañana co que se favorece a conciliación familia-escola dos nenos e sus país.
Educación integral 
para os nenos
A dirección e o claustro do centro son  conscientes de que para conseguir unha auténtica educación integral dos alumnos/ as ademais de desenvolver o currículo escolar establecido, é necesario potenciar actividades que complementen a formación académica, isto significa que esta dimensión está integrada e relacionada coas outras dimensións que conforman o seu proxecto educativo anual. 
O centro tamen imparten  actividades complementarias e extraescolares nas que búscase a formación integral dos alumnos, a  formación estética e emocional dos nenos e nenas, e a  formación física para un perfecto crecemento físico e síquico.

Te puede interesar