ELECCIONES 28 A

Carme da Silva aposta por un museo da memoria en Cabo Silleiro

Da Silva reivindicou a axenda do BNG pola memoria histórica.
photo_camera Da Silva reivindicou a axenda do BNG pola memoria histórica.

n n n Transferir os terreos da batería de Cabo Silleiro ao Concello de Baiona, crear alí un museo da memoria, e compensar á veciñanza lexítima propietaria das terras o roubo das súas propiedades durante o franquismo. Esa é a iniciativa coa que se comprometeu en Baiona a cabeza de lista do BNG ao Congreso, Carme da Silva, quen subliñou que as instalacións militares de Baredo son un exemplo máis do espolio franquista en Galiza que é preciso reverter “por dignidade”.
Da Silva manifestou que o BNG ten unha axenda clara pola recuperación da memoria histórica que defenderá dende os seus escanos en Madrid e que comeza por devolver ao pobo todos os bens espoliados polo ditador e a súa familia, lembrando as terras, centros culturais, e outras propiedades usurpadas en centos de vilas do país, ademais dos mediáticos Pazo de Meirás ou as estatuas de Isaac e Abraham. Tamén sinalou o necesario cumplimento da Lei de Memoria Histórica cunha dotación económica suficiente para a súa implementación, e a ilegalización da Fundación Franco.
A nacionalista subliñou que a voz do BNG para desagraviar ás vítimas do franquismo, en calquera das súas formas, será “comprometida e firme”. 
Da Silva animou aos indecisos, xa sexan nacionalistas ou non, a sumar no BNG os seus votos para frear a esa dereita e para ademais, volver dar a Galiza a voz que non tivo no Congreso na última lexislatura. n

Te puede interesar