Vigo

O BNG quere recuperar a política cultural cun xiro de 180 graos

Ana Pontón e Xabier P. Igrexas, no percorrido por Príncipe.
photo_camera Ana Pontón e Xabier P. Igrexas, no percorrido por Príncipe.

O Bloque defende a necesidade dun “xiro de 180 graos” na política cultural coa intención de “democratizar o acceso social á cultura, facendo chegar a cultura nas súas diversas manifestacións ás clases populares e traballadoras, os barrios e as parroquias, como mellor xeito humanizar de verdade a cidade”, explicou o candidato nacionalista á Alcaldía, Xabier P. Igrexas. .
 

Poñendo como exemplos o  Marco ou o Centro de Arte Fotográfico, hoxe pechado, baleiro e sen actividade, o candidato do BNG chamou a dinamizar a rede museística hoxe “reducida a unha rede de contedores baleiros, sen contido nin programación que seguen a perder visitantes”. Puxo o foco no impacto especialmente negativo da actual política cultural para os novos e as novas creadoras da cidade co desmantelase, entre outros de Castroconcertos,. Fixo estas declaracións durante a presentación da iniciativa “Somos cultura, temos lingua. Manifesto contra a desertización cultural de Vigo”. Subscribeno 45 referentes culturais da cidade, entre os que se atopan artistas, artesás, escritoras, músicos e outros axentes do tecido cultural quixeron demandar xunto ao Bloque unha verdadeira política cultural para a cidade. 
Nas sinaturas salientan nomes como o do crítico literario Ramón Nicolás, o debuxante Pepe Carreiro, a poeta Marta Dacosta, o xefe de estudos da Escola Superior de Arte Dramático Roberto Pascual, o escritor e fotógrafo  Vitor Vaqueiro, o actor e director teatral Xoán Abreu, o músico e regueifeiro Luís ‘O Caruncho’, a primeira bailarina do Ballet de San Francisco Dores André Rodríguez, o xornalista Afonso Eiré ou a filósofa e escritora Carme Adán.  
A presentación tivo lugar onte, nun percorrido eleitoral por Príncipe, onde estivo acompañado por Ana Pontón, voceira nacional do BNG e por outros integrantes da lista candidata á Vigo.
Igrexas, pola súa parte, denunciou que “se hai un ámbito onde se nota o efecto letal da maioría absoluta do PSOE foi no desmantelamento de moitos programas culturais que estaban funcionando na cidade. En lugar de facer que o Concello actúe como un dinamizador cultural, o actual goberno converteuse nun fumigador anticultural”. O candidato agradeceu “o compromiso e a valentía das 45 persoas dando un paso adiante e reclamando en voz alta que Vigo merece outra política cultural”.

Te puede interesar