VIGO

O BNG propón unha nova xestión do lixo en Vigo

Xabier P. Igrexas cos representantes de Greenpeace.
photo_camera Xabier P. Igrexas cos representantes de Greenpeace.

O BNG mantivo hoxe un encontro con representantes de Greenpeace para trasladarlles propostas nesta materia. O candidato á alcaldía, Xabier P. Igrexas expuxo o que para el ten que ser o modelo de cidade sustentábel e de futuro para Vigo, na que incluíu a necesidade de redefinir o modelo de xestión dos resíduos. 
“Entendemos que unha das maiores preocupacións para as viguesas e os vigueses e da que ninguén quere falar en campaña, é a maneira na que xestionamos o lixo que se xera na cidade”, denunciou Igrexas. Por iso a prioridade para o Bloque é poñer en marcha un Plan director dos resíduos sólidos urbanos que teñan como horizonte a substitución paulatina do modelo “ruinoso e insustentábel” de Sogama, mediante medidas que aposten na redución, reutilización e reciclaxe. “Nos dicimos que Vigo ten que ser pioneira na xestión sustentábel dos resíduos, superando dunha vez o modelo fracasado de Sogama”, resumiu. Insistiu tamén Pérez Igrexas na necesidade de que se poñan xa en marcha medidas como a recollida separada da fracción orgánica, “que está prevista no actual prego de concesións pero que non se está desenvolvendo” que fomente un modelo de recollida máis diferenciada. A este respeito, o BNG defende que se poña en marcha un proxecto piloto no barrio de Coia incorporando un novo contedor para os resíduos orgánicos, e tamén articular sistemas de recollida diferenciada. 

Te puede interesar