Imprimir

Analizan os problemas xurídicos do BlaBlaCar

Atlántico | 15 de enero de 2020

Pablo Fernández Carballo-Calero.
Pablo Fernández Carballo-Calero.
 nnnO profesor da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo Pablo Fernández Carballo-Calero acaba de sacar ao mercado a primeira monografía que se publica en España sobre o coñecido como carpooling ou viaxe en coche compartido, un estudo pormenorizado no que analiza a problemática xurídica que xurde arredor deste tipo de viaxes, cada vez máis populares, e no que inclúe unha análise específica do modelo de negocio de BlaBlaCar, unha plataforma que ten máis de cinco millóns de usuarios e usuarias en España e máis de 80 millóns en todo o mundo. “Eu son usuario de BlaBlaCar desde hai anos e parecíame interesante escribir sobre as diferentes problemáticas xurídicas que xorden arredor desta opción de desprazamento”, explica o profesor titular da Área de Dereito Mercantil, quen fai fincapé na relevancia que está a adquirir a economía colaborativa, un tema que, esixía unha aproximación xurídica diferente.n
 
Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.atlantico.net/articulo/universidad/analizan-problemas-xuridicos-do-blablacar/20200115231829752000.html


© 2020 Atlántico

© Rías Baixas Comunicación, S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons