UNIVERSIDAD

Alumnos de primeiro e segundo, no gabinete psicopedagóxico

Isabel Ferreiro, responsable do gabinete psicopedagóxico.
photo_camera Isabel Ferreiro, responsable do gabinete psicopedagóxico.

O Gabinete Psicopedagóxico da Universidade de Vigo, un servizo gratuíto, confidencial e aberto a toda a comunidade universitaria, ofrece atención personalizada nos ámbitos educativo, profesional e persoal, e aborda temas como a autoestima, os hábitos de estudo e as dificultades propias de cada quen co obxectivo de axudar no desenvolvemento integral das e dos usuarios.
Este servizo ten dúas liñas de traballo diferenciadas, por unha banda, dedica parte da actividade á formación psicolóxica, ámbito no que asesora e informa e, por outra, ofrece cursos e xornadas para afondar na formación persoal das e dos participantes. Isabel Ferreiro afirma que coas actividades propostas o que se busca é “o desenvolvemento integral do alumnado, queremos que saia preparado a nivel académico e tamén a nivel persoal”. No que se refire a atención personalizada, o equipo analiza o ámbito educativo da ou do usuario, é dicir, os modos de estudo, a situación académica e as dificultades de aprendizaxe e propón as melloras pertinentes para cada perfil. Ao mesmo tempo, brinda apoio ao alumnado no ámbito persoal ao traballar a motivación e o manexo de conflitos, dous aspectos individuais que afectan ao desempeño académico. O estudantado que máis emprega este servizo é o de primeiro e segundo curso de grao, que acude con “problemas de autoestima e ansiedade que ocasionan un rendemento pouco axeitado de estudo”, sinala Sandra Martiño. 

Te puede interesar