UNIVERSIDAD

150.000 euros en axudas para estudantes afectados pola crise

Moitas familias recibiron o impacto da pandemia.
photo_camera Moitas familias recibiron o impacto da pandemia.

 ERTES, despidos, redución de ingresos. Este é impacto do confinamento decretado polo estado de alarma dende o 14 marzo nas economías familiares está a ter un impacto directo moi grave sobre a renda das familias. Para tratar de paliar os efectos que estas circunstancias poidan ter no rendemento académico do alumnado, a Universidade de Vigo acaba de lanzar unha convocatoria de axudas urxentes e excepcionais para o estudantado afectado polas consecuencias económicas da declaración do estado de alarma que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos. Estas bolsas cubrirán ata un máximo do 50% da matrícula, tanto de grao como de mestrado e doutoramento. A UVigo ten un orzamnento de 150.000 euros para este fin. 

Dende a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria explican que “as medidas de confinamento da poboación e as restricións a actividade económica que se derivan do estado de alarma teñen un impacto directo moi grave sobre a renda das familias, situación que pode afectar negativamente ao rendemento académico do alumnado afectado, polo que concorren razóns de interese público que aconsellan a adopción de medidas extraordinarias en materia de axudas ao alumnado máis vulnerable”. A idea é asegurar que o alumnado da UVigo manteña a súa actividade académica a pesar das importantes perdas de renda sufridas por eles e as súas familias.

Te puede interesar