Cartas al director

O Pacto de "goberno", segue no aire

A falta de responsabilidade dos grandes partidos está a tensar dunha forma perigosa a posible formación dun goberno estable. No Partido Popular, as primeiras declaracións de Teodoro García Egea, nada máis saber os primeiros resultados no 10 N, pedindo a dimisión de Sánchez, foron toda unha mostra de irresponsabilidade, xa que nas anteriores o PP levou o trompazo máis grande da historia deste país: dos 137 escanos que tiña, quedou con 66, é dicir, peor que o trompazo de Cidadáns no 10N. 
Así estamos, cun Parlamento cada día máis fragmentado e con ERC que segue tensando a corda pedindo cousas que non están no acordo de goberno (PSOE-Unidas Podemos), o punto n.- 9 (dentro da Constitución). O problema de fondo para ERC, en realidade non é a posible abstención para que se forme goberno, o problema é que as eleccións catalás están ao virar a esquina, e aí de novo Junts per Catalunya, contando cos “Torra Boys” (CDR) e un Carles Puigdemont que vive a corpo de rei aínda que cada día ten menos apoios, se dá un paso en falso daríalle de novo máis protagonismo. Así estamos en España, cun PP no que cada un anda á súa bola (só hai que ver as declaracións de que fan Casado, Teodoro, ou a sra Cayetana & outros...) e Cidadáns que a pesar do gran trompazo non fixo nin unha autocrítica para analizar algo evidente e volver á senda do centro. 
Que a forza nos acompañe, falta faranos.