Cartas al director

As tres xoias da política "española"

 Cayetana Álvarez de Toledo del  Partido Popular  (Arxentina) española de puro sangue.
- Inés Arrimadas de Cidadáns. Gaditana máis catalana co Albert Pla.
- Rocío Monasterio ( VOX ). Cubana. Inmigrante e millonaria. Aínda que eu tamén incluiría a Irene Montero , quen non lembra aquela frase “Tanto monta e monta tanto Isabel, como Fernando”, neste caso aplicalo á  Sra. Montero e ao Sr. Iglesias, case igual por aí anda a cousa.
Mulleres de armas tomar , penso que o  Sr. Casado é quizais o líder de que fixo a mellor aposta, nomear portavoz á Sra Cayetana , foi unha decisión da que moitos españois/as estamos moi contentos, seguro; e é que entre ámbolos dous,case seguro farán desaparecer do mapa político español, ao Partido Popular.
Lembro ao sr. Rajoy que a pesar de non facer nada aínda foi capaz de soster ao Partido Popular, quizais o non facer nada e deixar aos partidos de esquerda, cada día máis divididos, pelexaran entre eles, foi a forma de estar de presidente do Goberno case dúas lexislaturas.
O certo é que segundo o CIS, do que todos fan chistes e rinse, mesmo non esta moi acertado, igual hai sorpresas, non o sei, pero dunha cousa estou caseque seguro, os partidos de Esquerda deste país,  están a xogar con lume e non lles parece importar o máis mínimo, o pobo que á fin e ao cabo foron os que os puxeron aí. Un dos principais motivos desta forma de actuar, pode ser que, as súas señorías están a cobrar un soldo sen traballar, xa que non temos goberno,  seguen xogando ao e ti máis, hai que cambiar a lei e, mentres non haxa goberno , que cobren o “Salario Mínimo Interprofesional”, ou mellor, que non cobren, xa está ben de tomarnos o pelo.