Cartas al director

Qué vai pasar coa "Lei mordaza"?

Teño claro que o poder non só transforma senón que  corrompe e fainos ver de que maneira nos venden a moto os políticos. Para  min o máis grave se cabe é que sexan de esquerdas, segundo eles, aínda que en canto conseguen unha cadeira  no Parlamento, acomódanse  e máis aínda se van gobernar  en coalición e sentados/as no consello de ministros/as.
Unha das maiores esixencias de Podemos era  a retirada íntegra da "Lei Mordaza". Agora xa se conforma coa retirada parcial da mesma, é dicir, xa está o sr. Iglesias e os seus súbditos/as  entrando polo aro do Sr Sánchez, e iso é máis que preocupante, a cantas cousas máis cedería?  Segundo parece (e digo parece, porque ata que o vexa non mo creo), haberá Goberno en breve; se é así veremos cantas sorpresas sairán á luz.
E unha cousa teño moi clara: se hai goberno durará, para ben ou para mal, xa que cun Parlamento tan fragmentado, os pactos serán tanto á destra, como á sinistra. Sen dúbida, ese é o prezo do poder.
Agardamos tempos convulsos, xa o dixen máis dunha vez. Segue pasando o mesmo que pasou na Guerra Civil, na que o bando republicano perdeu a guerra porque non se poñían  dacordo nin para pegar tiros.