Cartas al director

Por unhas praias sen fume, non máis cabichas!

A iniciativa da Rede Galega de Praias sen Fume está en expansión. Este pasado ano xa houbo máis de 40 praias de Galicia, e 27 concellos que se sumaron a esta iniciativa. É necesario manter limpo o noso paraíso, e non creo que á maioría da xente impórtelle que se prohiba fumar nas praias. É un xeito máis de loitar contra o cambio climático, do que cada día que pasa moita máis xente está concienciada de que é unha realidade. A excepción, desgraciadamente, dalgúns irresponsables, que só pensan (se é que pensan) que non é máis que unha patraña, aínda que son conscientes do que sucede.
Os países máis poderosos do mundo, son sen dúbida os que máis contaminan, e sen dúbida o que leva o Óscar, é como non Donal Trump, o que acaba de facer en Alaska, é un atentado ambiental, sen ningunha dúbida, cada vez que esperta, o mundo treme. “America first”, repite unha e outra vez. Obviamente nada podemos facer os pobres mortais, vemos que o mundo enteiro mobilizouse na loita contra o cambio climático e tódolos países quedaron en tomar medidas, pero claro para o ano da pera (cando as ras críen pelo). Así se cada concello toma as medidas necesarias, e polo menos facemos o que si é posible. Empecemos xa, que prohiban fumar nas praias, eu son fumador, aínda que como di a canción de Extremoduro, “Me estoy quitando”.
Segundo a ONG Ocean Conservancy, as cabichas representan o 13% do total de desperdicios recollidos na súa campaña mundial.